O director, actor e dramaturgo portugués Tiago Rodrigues, actual director artístico do Teatro Nacional D. Maria II, levará duas obras de José Saramago ao Reino Unido. Convidado pola Royal Shakespeare Company, Rodrigues optou por adaptar as novelas Ensaio sobre a cegueira e Ensaio sobre a lucidez.
Titulada Blindness and Seeing, a obra mostrarase no Swan Theatre de Stratford-upon-Avon do 1 de agosto ao 26 de setembro de 2020. O elenco do espectáculo está formado por actores e convidados da compañía inglesa.
A creación de Tiago Rodrigues forma parte da iniciativa Projekt Europa da Royal Shakespeare Company, que reúne unha “selección única e ecléctica” de espectáculos, colaboracións e actividades que teñen lugar no Swan Theatre e The Other Place durante o 2020.