O Festival Sólodos en Danza / Ourense 2019 entregou os premios do seu Certame de Creación de Dúos e Solos celebrado no Auditorio Municipal de Ourense durante os pasados días 21, 22 e 23 de novembro. O palmarés quedou deste xeito:
Premio Sólodos en Danza Ourense 2019 con xira por Costa Rica: Ese pájaro no puede estar en esta plaza, de Violeta Iriberri [na foto].
Premio Xove: Efecto Siam, do Colectivo Sin Par, Lara Misó e Wilma Puentes.
Premio do Público: Efecto Siam, do Colectivo Sin Par, Lara Misó e Wilma Puentes.
Premio Finalista no Certamen Intenacional de Coreografía Burgos – NY: Phase, de Mario Gónzalez.
SóLODOS en danza é un proxecto de Cooperación Cultural, un proxecto de ámbito artístico –social que xenera intercambio e mobilidade entre artistas iberoamericanos. Sólodos utiliza diferentes estratexias de colaboración para construír unha ponte cultural entre artistas de América e Europa.
Trátase dun proxecto que conforma un espazo de colaboración e intercambio entre institucións públicas, privadas, festivais, organizacións sociais, culturais e artistas. A plataforma ofrece bolsas, residencias artísticas, intercambios técnicos profesionais, coaching con académicos especializados en artes escénicas, entre outros.