in

Nùria Guiu presenta ‘Likes’ no TRC Danza da Coruña

NuriaGuiuLikes |
O vindeiro 30 de novembro, ás 20:30, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, e dentro da programación do programa TRC Danza, Nùria Guiu presentará a súa creación Likes.

 

O concepto de partida da coreógrafa catalana Nùria Guiu en Likes xira arredor dos “gústame” (likes). Os likes son unha ferramenta utilizada por todos pero especialmente por novas xeracións a través das redes socias. Hai motivos diversos polos que conseguir likes a través da rede. Para algúns, os likes, son unha forma liberadora de expresar o noso gusto, soporte ou empatía en relación a un certo contido na internet.

Pero doutra banda, os likes toman toda unha simboloxía relacionada co prestixio social e co capital, xa que hai moitas empresas e corporacións que os utlizan de forma acumulativa (incluso comprándoos ou vendéndoos) para escalar nun mercado global, competitivo e xerárquico, así como para gañar prestixio nesta escala.


Publicidade

Que lugar toma o corpo, a forma, a aparencia, as imaxes onde tantas veces nos expoñemos á rede, en relación a estes likes? Que lugar ocupan estes likes, como novos símbolos de prestixio social, en relación á mercantilización ou comercialización destes e por tanto, tamén indirectamente, en relación ao corpo e a súa imaxe a través da rede? Cando falamos de likes, estamos a falar só de apertar un botón na internet? Ou estamos tamén falando da maneira en que miramos observamos e valoramos o outro e en función de que?

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

EsePajaroNoPuedeEstar |

Sólodos en Danza Ourense entregou os premios da súa edición 2019

fugas1a |

Comeza a IV edición de Fugas e Interferencias, Congreso Internacional sobre Performance