in

A plataforma dixital Mundo Escénico preséntase mañá na Culturgal

concert 984237 1920 |

Mañá, ás 20:30, no Espazo Foro do Pazo da Cultura da Culturgal, preséntase o proxecto Mundo Escénico, unha plataforma dixital aberta que nace co obxectivo de “modernizar, democratizar e impulsar o mundo das artes escénicas en Galicia”. Esta plataforma dá soporte a unha comunidade que conta con ferramentas e servizos de valor engadido no ámbito do teatro, a música, a danza e o folclore para, segundo os organizadores: difundir información de grupos, compañías e bandas e dos seus espectáculos; conectar os diferentes axentes das artes escénicas para facilitar a procura de sinerxias; ofertar servizos profesionais e formacións específicas das artes escénicas; facilitar a programación aos xestores culturais de forma equitativa dentro da comunidade; recopilar información e recursos de interese no eido escénico.

Para conseguir estes obxectivos, Mundo Escénico apóiase nas novas tecnoloxías e fai uso de ferramentas sociais que permiten conectar a tódolos axentes involucrados: espectadores, artistas, profesionais do sector e xestores culturais. Desta forma, a web da comunidade conta xa con:


Publicidade

  • Unha axenda centralizada para a divulgación de eventos
  • Un directorio de grupos, compañías e bandas e tamén dos seus espectáculos
  • Unha rede social para facilitar a comunicación entre os distintos membros da comunidade
  • Unha sección “Ágora” na que se ofertan formacións e servizos profesionais
  • Un blog con artigos e recursos de interese.

Aparte de introducir esta comunidade galega das artes escénicas, Mundo Escénico presentará unha ferramenta on-line que se está a desenvolver orientada a que os xestores culturais elaboren as súas programacións de forma moi sinxela e difundan automaticamente as súas necesidades a artistas e grupos. Esta ferramenta pretende facilitar a labor dos programadores de eventos e ao mesmo tempo dar as mesmas oportunidades a todos os grupos, compañías e bandas para formar parte das diferentes axendas culturais do ámbito galego.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

kukasdoncela guerreira |

Monicreques de Kukas (1979-2019), 40 anos de tiruleques

ViaxeCaraAoDesastre |

Julio Fer e a Escola de Teatro Xerpo presenta na sala Ingrávida ‘Viaxe cara ao desastre’