in

Julio Fer e a Escola de Teatro Xerpo presenta na sala Ingrávida ‘Viaxe cara ao desastre’

|
A sala Ingrávida do Porriño acollerá esta fin de semana o resultado do obradoiro “Viaxe cara ao desastre” desenvolvido pola Escola de Teatro Xerpo co dramaturgo Julio Fer.

 

Viaxe cara ao desastre é un obradoiro de creación desenvolto en 16 sesións, ao longo de 3 meses, na Sala Ingrávida (Porriño). Como resultado deste obradoiro xorde o evento que se mostrará os días 29 e 30, ás 21:30, na propia sala. Nel, nove participantes enfróntanse aos seus propios desastres (grandes e pequenos) para configurar unha peza coral na que o público é convidado a mirar de maneira sinestésica e aberta ao experiencial. A confesión como principal recurso narrativo, a poesía visual, fonética e discursiva, e unha estrutura dadaísta, exposta ao azar, son os principais recursos dunha Viaxe cara ao desastre no que é a propia viaxe (humana, artística e vital) a auténtica protagonista.

 

Creación colectiva: Sofía González Durán, Flora Maceira Casalmorto, Estefanía Pérez Rodríguez, Ánxeles Torres Padín, Esme Quiroga Rodríguez, Julieta Alasino Camilatti, Daniel Otero Otero, Pedro Marchante Hernández e Julio Fernández Peláez.
Dirixe: Julio Fernández Peláez.

 


Publicidade

Non te alarmes, seguirás sendo como es. Pero unha noite, cando menos o esperes, sucederá algo que cambiará a túa vida para sempre. Sairás á rúa, despois de pechar o último bar, e serás testemuña dun fenómeno case milagreiro: unha choiva de vagalumes. Si, unha choiva de vagalumes caendo desde o ceo. Ti contemplarás atónita o espectáculo, sen dar crédito ao que ven os teus ollos. Unha delas caerá ao chan, preto de ti, e correrás para collela nas túas mans. Lograrás atrapala pero esta apagarase nada máis sentila. Iso non será unha derrota, tampouco unha parábola sobre a esperanza, pode que sexas capaz de establecer unha lixeira metáfora, quen sabe se a experiencia dunha vagalume apagándose cando é atrapada entre os dedos estimulará os teus desexos de esquecemento, quen sabe. Intúo, porén, que cambiará a túa vida, como ocorreu con aquel o teu maior fracaso, pero en sentido inverso.

Unha praga de insectos devórao todo, e ti soñando.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

concert 984237 1920 |

A plataforma dixital Mundo Escénico preséntase mañá na Culturgal

Culturgal |

As Xornadas Profesionais de Escena Galega abren hoxe a Culturgal