in ,

O grupo Gargallada triunfa no III Certame de Teatro Amador Concello de Lourenzá

PremiosLourenza |

O grupo Gargallada, do Barco de Valdeorras, coa súa obra Fuga, foi o gañador do premio á mellor representación na terceira edición do certame de teatro Concello de Lourenzá, dotado con 750 euros. A obra de Gargallada tamén recibiu o premio ao mellor actor de reparto, Manuel Caramés.

Fauna 113, de Vigo, acadou o premio á mellor posta en escena e o premio Ana á mellor actriz, que recibiu Iris Darriba, polo seu papel na obra A última cea. O premio Lourenzo ao mellor actor foi para Xulio Leal, de Avelaíña Teatro, de Pontevedra, que participaba coa obra A Lola, de Manuel Ayán Díaz.

Paula Díaz, do grupo Carauta Teatro, de Santiago de Compostela, acadou o premio á mellor actriz de reparto polo seu papel na obra Un! dous! tres! O premio do público foi para A estraña familia, de Martabelas Teatro, de Teo. O xurado concedeu un premio especial ao vestiario e atrezo, que recaeu no grupo Touporroutou, de Foz, pola obra Comedia bífida.


Publicidade

Na gala de entrega de premios, que se celebrou na noite do pasado sábado, actuou o cómico galego Sergio Pazos.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

TheLambKorsia |

Kor’sia presenta ‘The Lamb’ no TRC Danza da Coruña

AbrenteArte |

O Museo Etnolóxico de Ribadavia mostra a colección de arte da Agrupación Cultural Abrente