O grupo Gargallada, do Barco de Valdeorras, coa súa obra Fuga, foi o gañador do premio á mellor representación na terceira edición do certame de teatro Concello de Lourenzá, dotado con 750 euros. A obra de Gargallada tamén recibiu o premio ao mellor actor de reparto, Manuel Caramés.
Fauna 113, de Vigo, acadou o premio á mellor posta en escena e o premio Ana á mellor actriz, que recibiu Iris Darriba, polo seu papel na obra A última cea. O premio Lourenzo ao mellor actor foi para Xulio Leal, de Avelaíña Teatro, de Pontevedra, que participaba coa obra A Lola, de Manuel Ayán Díaz.
Paula Díaz, do grupo Carauta Teatro, de Santiago de Compostela, acadou o premio á mellor actriz de reparto polo seu papel na obra Un! dous! tres! O premio do público foi para A estraña familia, de Martabelas Teatro, de Teo. O xurado concedeu un premio especial ao vestiario e atrezo, que recaeu no grupo Touporroutou, de Foz, pola obra Comedia bífida.
Na gala de entrega de premios, que se celebrou na noite do pasado sábado, actuou o cómico galego Sergio Pazos.
- Sete persoas e entidades foron distinguidas nos IV Recoñecementos de Escena Galega das Artes Escénicas - 07/07/2026
- Moaña acolle a primeira edición do Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu - 03/07/2026
- O Convento de Santa Clara acolle a Bienal de Artes Vivas de Pontevedra - 03/07/2026



