in

Kor’sia presenta ‘The Lamb’ no TRC Danza da Coruña

TheLambKorsia |
Este sábado, 21 de decembro, ás 20:30, a compañía Kor’sia presentará The Lamb, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, dentro do ciclo TRC Danza.

 

Con esta frase de Ernesto Sábato “e espertei sobresaltado, como ante un perigo repentino e perverso, como se na escuridade tocase coas miñas mans a pel xeada dun reptil” é que os coreógrafos Mattia Russo e Antonio de Rosa e o dramaturgo Guiseppe Dagostino constrúen The Lamb, unha peza para un elenco de 8 persoas, 3 bailaríns e 5 bailarinas.

Din os autores queThe Lamb parte do acontecemento milagroso da recuperación da vista, para mergullarnos, con todo, nunha experiencia cegadora. Nela, ceo, inferno e purgatorio confúndense entre sí, así mesmo, cun prostíbulo no que corpos flameantes ofician estraños rituais e onde os roles de vítima e verdugo son intercambiables. Neste mundo, para espertar, necesitas pechar os ollos por segunda vez.

Publicidade

Os coreógrafos e bailaríns Antonio de Rosa e Mattia Russo -exbailaríns da Compañía Nacional- e o dramaturgo Giuseppe Dagostino son Kor’sia, un colectivo que inspira as súas creacións con elementos do cine, a fotografía, a literatura e a escultura. A compañía, con sede en Madrid é compañía residente en Centro Danza Canal dende 2017.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

APequenaCompaña |

Carlos Labraña presenta ‘A pequena compaña’ en Compostela

PremiosLourenza |

O grupo Gargallada triunfa no III Certame de Teatro Amador Concello de Lourenzá