in

Carlos Labraña presenta ‘A pequena compaña’ en Compostela

APequenaCompaña |

Hoxe 17 de decembro, no Pazo de San Roque, en Compostela, Edicións Embora presenta o libro A pequena compaña, de Carlos Labraña, nunha edición con ilustracións de Oscar Villán.

A presentación desta obra (VIII Premio Estornela de teatro para nenos) contará coa participación de Blanca Ana Roig, Armando Requeixo, Fernando Redondo, o Secretario Xeral de Política Lingüística e do propio autor.

Ao rematar, o grupo de teatro Os Furabolos representará unha adaptación da peza interpretada por Mar Fiuza e Pablo Núñez baixo a dirección de Paula Ribes.

 

Sinopse


Publicidade

Ao anoitecer, o mundo dos vivos vaise achegando ao dos defuntos, e as ánimas que aínda non atoparon acougo roldan perdidas polos camiños. Pero desta antiga lenda nunca oíran falar Xoaniña, Soldadiño, Pedichón e Medusquiñas, uns nenos que viven gorecidos nunha casa rexentada por unha misteriosa anciá. Isto cambiará coa chegada de dúas personaxes retortas que os obrigarán a fuxir, emprendendo unha viaxe emocionante por unha terra poboada de seres mitolóxicos. Así, xuntos, nunha Pequena Compaña, os rapaces tentarán chegar sans e salvos ás marabillosas Illas do Alén. Serán quen de conseguilo?

 

O autor

Carlos Labraña naceu en Cedeira en 1969. Fundou en 1988 o Colectivo Garola, dedicado á creación e montaxe de pezas de teatro infantil. Con eles participou na escrita de varias pezas dirixidas ao público máis novo, das que podemos salientar: O segredo de Daniel e A escada, ambas as dúas gañadoras do Certame Xeración Nós. Máis adiante, continua a escrita de maneira individual ou en colaboración cos seus irmáns Antón e Sabela con pezas como: O teatro dos soños; Indo para o Samaín, baseada na festa das cabazas; Os sons da buguina, finalista do Premio Meiga Moira; Teatro de xoguete, Premio Estornela; e Espantallo, Premio O Facho; Moito morro corporation, Sociedade Ilimitada (Premio á mellor obra de teatro da Gala do Libro Galego no 2017).

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

premiomariacasares |

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia convoca os XXIV Premios de Teatro María Casares

TheLambKorsia |

Kor’sia presenta ‘The Lamb’ no TRC Danza da Coruña