O Teatro Victoria Eugenia de Donostia, o Teatro Arriaga de Bilbao e o Teatro Principal de Vitoria-Gasteiz poñen en marcha a quinta edición do programa Antzerkigintza Berriak / Nuevas dramaturgias. O prazo de presentación de proxectos estará aberto até o 31 de xaneiro.
O obxectivo do programa é crear unha rede de creadoras/es e dramaturgas/os que conforme unha canteira de material dramático que sirva de referente para compañías teatrais e a creación escénica. A iniciativa pretende fomentar a creación de novos textos teatrais; entendendo texto como unha partitura entregable que un director ou directora poida levar á escena.
O obxecto da convocatoria é seleccionar un máximo de 8 creadoras ou creadores para desenvolver unha obra dramática durante un proceso tutelado por profesionais das artes escénicas que se levará a cabo mediante laboratorios realizados nos tres teatros participantes.
As persoas seleccionadas deberán desenvolver, ao longo de catro meses, unha peza dramática baixo o maxisterio de profesionais das artes escénicas. Unha vez realizados os laboratorios -que terán lugar entre os meses de marzo e maio- seleccionaranse de unha a tres obras das creadas para ser postas en escena, en coprodución entre os teatros participantes.
Poderán participar na convocatoria todas aquelas persoas residentes en países da Unión Europea que estean iniciando unha traxectoria ligada á creación dramatúrxica ou aqueles creadores/as interesados en aventurarse na creación escénica.
As persoas seleccionadas contarán con unha axuda económica de 3.300 euros, que compensará a dedicación ao proxecto como as dietas durante os laboratorios.
Para máis información: Bases