in

“Mercedes máis eu” abre o ciclo Lugo En Danza 2020

Janet Novas álvaro serrano sierra 13 |

O espectáculo Mercedes máis eu abre mañá o programa Lugo En Danza 2020. O LED é un ciclo concibido ao redor da danza contemporánea e as artes do movemento que se desenvolverá entre os meses de xaneiro e maio. Ademais da exhibición, as artistas convidadas ofrecerán un obradoiro previo á función e cada mes realizaranse palestras divulgativas en diferentes espazos da cidade.

O programa arrinca este venres 10 de xaneiro co espectáculo Mercedes máis eu. A bailarina Janet Novás e a música Mercedes Peón danse cita nesta proposta que se poderá ver no Auditorio Municipal Gustavo Freire a partir das 20.30 horas.

O 7 de febreiro a compañía Traspediante desembarcará no Gustavo Freire ás 19.00 horas con Up2Down. Marta Alonso e Paula Quintas presentan este espectáculo de danza-circo contemporáneo no que o humor e a danza interactúan arredor do funambulismo.

O 7 de marzo ás 20.00 horas o MIHL acollerá as pezas curtas: Un huevo y cuatro sardinas, de Beatriz del Monte; Em.Na, de Colectivo Glovo e Novos creadores, de Alba Cotelo.


Publicidade

O 3 de abril, Diego M. Buceta presentará o espectáculo As vacacións máis longas, mentres que o 24 de abril Nova Galega de Danza ofrecerá  Leira, a súa última creación. As dúas funcións terán lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire ás 20.30 horas.

Por último, o 29 de maio o bailarín e coreógrafo Andrés Corchero pechará o programa do LED no MILH a partir das 20.30 horas con Hara.

|Na imaxe: Janet Novás e Mercedes Peón en Mercedes máis eu. Foto: Álvaro Serrano Sierra|

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Antzerkigintza berriak 110x110 1 |

Aberta a convocatoria do programa Novas Dramaturxias

Ummm avento proddd |

Ummm!!!