in

A Deputación da Coruña destina dous millóns de euros á súa Rede Cultural

DeputacionCoruña |
Compañías, produtoras ou artistas teñen de prazo até o día 31 de xaneiro para presentar propostas.

 

Dous millóns de euros é o orzamento que a área de Cultura da Deputación da Coruña destina á nova edición da Rede Cultural, o circuíto de espectáculos, concertos e proxeccións audiovisuais que se desenvolve nos distintos concellos da provincial. Compañías, produtoras ou artistas teñen de prazo até o día 31 de xaneiro para presentar propostas para os programas “Escena ao vivo!”, “Visións”, Lingua a Escena!” e “Alicerce”.

A área de Cultura da Deputación da Coruña bota a andar unha nova edición da súa Rede Cultural coa publicación das bases para a presentación de propostas por parte de compañías, artistas, agrupacións e produtoras que terán de prazo até o día 31 de xaneiro ás 14 horas para concorrer coas súas actividades á presente convocatoria.

A Rede Cultural estrutúrase, como nos últimos tres anos, en catro programas, tres deles para o sector profesional un deles, “Escena ao vivo!”, ao que se poderán presentar espectáculos ao vivo de teatro, música, monicreques, maxia, danza e circo, outro para proxeccións audiovisuais co título “Visións” e outro máis, “Lingua a Escena!” que ten como obxectivo a promoción do galego a través da cultura. Ás tres modalidades do mundo profesionais súmase na convocatoria da Rede Cultural o programa “Alicerces”, destinado á difusión de espectáculos de compañías e agrupacións non profesionais.

“A Rede Cultural consolídase un ano máis como o circuíto de programación máis sólido e estábel da cultura galega, ofrecendo propostas de calidade en todo o territorio dos concellos da Coruña e contribuíndo de maneira decidida tanto á creación de novos públicos para a cultura como ao fortalecemento do sector por medio de novas contratacións artísticas e creación de emprego”, destaca o deputado de Cultura, Xurxo Couto.

No pasado ano, a Rede Cultural promoveu ao longo do territorio da Coruña un total de 1.829 espectáculos, dos que 1163 formaron parte dos programas dos concellos e 666 de entidades sen ánimo de lucro.


Publicidade

“A Rede Cultural experimentou nos últimos anos un relevante incremento duplicando o orzamento desde o ano 2015 en que se consignaron 976.496€ até os dous millóns da presente edición”, sinala Xurxo Couto da nova edición da Rede Cultural da que se publican as bases no BOP deste 15 de xaneiro.

Como novidade da presente convocatoria e para garantir a estabilidade dos orzamentos da Rede Cultural, a partir desta convocatoria márcanse asignacións económicas máximas por grupos de concellos sendo de 10.000 € para os de menos de 2.500 habitantes, 14.000 € para o de 2.051 a 5.000 habitantes, 18.000€ para os que van desde os 5.001 a 10.000 habitantes, 22.000 € para o tramo seguinte que chega até os 20.000 habitantes e, finalmente, 26.000 € para os de máis de 20.001 habitantes.

“Esta modificación permitirá aos concellos coñecer de antemán o orzamento de que dispoñen á marxe de que, de non se cubrir o máximo, os remanentes serán repartidos entre os que demanden previamente superar o límite contemplado”, explica o deputado de Cultura.

As bases da convocatoria inclúen tamén as obrigas dos concellos, artistas e a propia Deputación encamiñadas a garantir as boas prácticas na xestión cultural que defende a institución provincial.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

CCG

O Consello da Cultura analiza ‘O estado da danza en Galicia’.

HipócritaTeatro15Anos |

Hipócrita Teatro celebra o seu 15º aniversario