in

Talía Teatro ocupa o Salón Teatro de Compostela

VidaDeCans |
A compañía Talía Teatro ocupa durante toda esta semana a carteleira do Salón Teatro de Compostela, onde está a desenvolver pases matinais para escolares de tres dos seus espectáculos, ademais de ter programadas catro funcións xerais dun deles, Vida de cans, que poderá verse do xoves 23 ao domingo 26.

 

Cándido Pazó volve colaborar con Talía como autor e director desta proposta, que Toño Casais, Dani Trillo e Artur Trillo interpretarán sobre o escenario da sede do Centro Dramático Galego ás 20:30 do xoves ao sábado e ás 18:00 o domingo. O mesmo xoves ofrecerán tamén dous pases ás 10:30 e 12:00 para o alumnado de diferentes centros educativos, que se integran na campaña escolar que a compañía desenvolve esta semana e na que se inclúen, así mesmo, as súas dúas coñecidas montaxes sobre a lingua galega: Bicos con lingua e Pelos na lingua.

Vida de cans, que a compañía subtitula como Alegoría canina en cinco ladridos escénicos, é unha comedia metafórica sobre o concepto de liberdade, na que se abordan cuestións humanas a través de tres personaxes caninos. Os tres atópanse encerrados nun amplo recinto que lles preparou o seu amo, pero que, a pesar de todas as comodidades, non deixa de ser unha reclusión que cada un afronta de xeito diferente segundo a súa personalidade.


Publicidade

Con máis de 30 anos de traxectoria, Talía Teatro é na actualidade unha das compañías con maior capacidade de produción e distribución, como demostra o seu amplo catálogo de espectáculos en cartel no que, ademais dos devanditos tres títulos, se atopan propostas como Lambetadas, A primeira vez ou Rosa caramelo e outras historias, entre outras.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

PentecostesPalidoDomingo |

Pálido Domingo estrea ‘Pentecostés’ no Teatro Ensalle

OCandil |

A Escola Galega de Teatro Musical, estrea ‘O Candil, un musical galego’