in

Miguel de Lira obtén o XIX Premio de Interpretación Maruxa Villanueva

CurvaEspaña011 |
O Concello de Padrón vén de outorgar o XIX Premio de Interpretación Maruxa Villanueva ao actor Miguel de Lira. O xurado tomou esta decisión por unanimidade, tras ter analizado as propostas de todos e todas as candidatas presentadas a esta edición do galardón de arte dramática.

 

Os membros deste comité valoraron a súa interpretación en Curva España’, na que, baixo a súa perspectiva, fixo unha importante posta en valor da oralidade en lingua galega como factor distintivo da teatralidade da comunidade. Do mesmo xeito, o xurado explicou que con este premio pretenden enxalzar a traxectoria de Miguel de Lira e o seu papel como defensor da cultura galega, e promotor dun teatro innovador da man do grupo teatral Chévere.

O xurado estivo presidido por Lorena Couso, concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Padrón, e integrado por expertos en teatro galego como Inma López Silva, escritora e profesora da escola superior de arte dramática de Galicia, Carlos Caetano Biscainho Fernándes, actor e profesor da Universidade da Coruña, Alfonso Becerra Arrojo, dramaturgo, profesor da escola superior de arte dramático de Galicia, membro do consello asesor do Centro Dramático Galego e membro do consello de redacción de revistas galegas do teatro, Roberto Pascual Rodríguez, profesor da escola superior de arte dramática e director da MIT de Ribadavia, e Comba Campoi García, actriz, doutora universitaria e especialista en teatro de obxectos.


Publicidade

A entrega do premio está prevista para finais de outubro, coincidindo coa apertura do Outono Cultural. Se ben, aínda hai que concretar a data exacta do acto de entrega.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

AntesDeQueLlegueLaBestia |

Ensalle estrea ‘Antes de que llegue la bestia’ no marco do Festival Isto Ferve

Redondo de Caramuxo Teatro

Redondo, de Caramuxo Teatro, na 1ª edición de “Bebés a escena” de Sevilla