in

Catro compañías galegas na FETEN de Xixón

Xampatito
Espectáculo de Xampatito.
FETEN, a Feria Europea de Artes Escénicas para niños y niñas de Xixón, que comeza este sábado 8, contará no seu programa con catro compañías galegas, que presentarán alí os seus últimos traballos. Ademais, FETEN dedicará a súa exposición central ás catro décadas de historia da compañía Os Monicreques de Kukas.

 

Pistacatro estará o domingo 9, ás 17:00, e o luns 10, ás 18:15, con Mezzo. O fantástico circo de insectos xigantes do Doutor Mezzo, un espectáculo itinerante cheo de cor, imaxinación e fantasía co que Pistacatro quere recuperar, por unha banda, o espírito de aventura das novelas de Xulio Verne, e pola outra, a estética visual dos circos ambulantes de finais do século XIX e principios do XX.

Xampatito Pato presentará o domingo 9 ás 20.00 e o mércores 12 e xoves 13 ás 17:45. O multipremiado espectáculo fala dun personaxe obsesivo, cuadriculado e meticuloso, un ser único na súa especie rodeado de caixas que escapan ao seu control e coas que xoga para darlle forma ao seu mundo. Do caos xorde un universo delirante onde inventa a risa, creando unha loucura cómica e transformándose nun novo ser cunha nova figura.

Eme2 levará a Xixón Titiricuentos, o mércores 12 ás 17:30 e 22:15: un espectáculo poético, divertido, áxil e desenfadado dirixido a un público comprendido entre os 3 e os 7 anos. Unha peza de creación propia con textos de Ricardo Combi, baseados nos contos clásicos,, que nos transporta a un mundo con voces de contacontos e corpos de marioneta.


Publicidade

Os monicreques de Kukas presentarán Arlequina o luns 10 ás 10:00 e ás 12:45. Un espectáculo para todos os públicos que combina traballo actoral, animación de marionetas, maxia e música en directo. Un espazo escénico polivalente no que cada elemento forma parte da misteriosa e trepidante aventura de Arlequina, marioneta de papel de xornal que busca a súa identidade coa axuda de Marchelino.

A compañía Os monicreques de Kukas será, ademais a protagonistas da exposición central da Feira, que celebra os seus corenta anos de actividade. A dirección da montaxe será responsabilidade dos propios Marcelino de Santiago e Isabel Rey, fundadores da compañía, e incluirá diversos prototipos de mecanismos ideados por eles para a creación de marionetas únicas que facilitan a manipulación dos bonecos por parte dos intérpretes.

Máis información sobre esta exposición, aquí.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Carvalho Calero

Laiovento reedita a obra de Manuel Castelao sobre o teatro de Carvalho Calero

RomainTeuleLegende |

Comeza o último tramo de Escenas do Cambio