in , ,

Aberto o prazo para presentar obras e espectáculos candidatos aos premios FETEGA 2020

Fetega2020 |
O FETEGA acaba de facer pública a convocatoria para participar no 31º Festival de Teatro Galego “Celso Parada”, no Carballiño (Ourense) a segunda semana de setembro de 2020. As obras deben desenvolverse en galego e estar producidas en Galicia.

 

As propostas poden enviarse ata o luns 17 de febreiro ás 20 h a través do formulario electrónico de inscrición, accedendo no formulario de inscrición en https://www.fetega.gal/convocatoria-2020.php, onde se deberán describir a obra e achegar material de valoración.

Distínguense 6 categorías:


Publicidade

APARTADO 1: Teatro de Sala para público Adulto (Auditorio)
Dirixida a compañías galegas con espectáculos teatráis para adultos

APARTADO 2: Teatro de Exterior para público Familiar (Anfiteatro)
Dirixida a compañías galegas con espectáculos teatráis de exterior para público familiar

APARTADO 3: Teatro de Rúa para público Familiar
Dirixida a compañías galegas con espectáculos teatrais e animación de rúa para público familiar

APARTADO 4: Teatro de Sala para Nenos
Dirixida a compañías galegas con espectáculos teatrais de interior para público infantil e bebés

APARTADO 5: Monólogos Cómicos
Dirixida a elencos e artistas galegos con espectáculos de humor

APARTADO 6: Performances e Pequenos Formatos
Convócase aos elencos e artistas galegos con espectáculos de performance e pequenos formatos, para desenvolver en interior ou exterior.

Segundo indica a A.C. FETEGA, valorarase que sexan ESTREAS e aspectos como o número e calidade de actores e actrices ou a súa traxectoria.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

OsNenosDaVaríola |

A compañía Pérez & Fernández estrea ‘Os nenos da varíola’ en Compostela

EroskiFilme |

‘Eroski Paraíso’, o filme, logra sete candidaturas aos Mestre Mateo