in

Performance de María Roja e María Chiginskaya en Lugo

AdaMaría Roja2 |
Dentro do programa Lubicán – Xoves de Moda, María Roja e María Chiginskaya presentarán a performance Ada ou Contar de memoria unha novela de Nabokov, mañá 13 de febreiro, ás 21:00, na Casa do Saber de Lugo.

 

Ao longo dos primeiros meses do ano 2018, María Roja padeceu un problema ocular a raíz do cal se viu privada do sentido da vista. Abastecida de cada vez máis escasos entretementos co paso das semanas, alguén deu en lerme en voz alta, a anacos diarios, a novela de Vladimir Nabokov titulada Ada ou o ardor. Así coñeceu esta historia.

Masha leu este libro no ano 2002, durante a primavera, mentres preparaba os seus exames da universidade en San Petersburgo. Comezou a súa lectura para impresionar ao seu profesor de Literatura, do que estaba platónicamente namorada, quen desconfiaba da capacidade do seu alumnado para comprender esta obra. Así coñeceu esta historia.

Agora, as dúas vana contar, de memoria. Ada ou Contar de memoria unha novela de Nabokov é unha acción na que se propón unha sorte de visita guiada ao rexistro que do texto permaneceu nas performers de xeito natural, entretecido este con acontecementos persoais íntimos e eventos históricos de certa relevancia xustapostos no tempo a dita escoita/lectura. A través dun inventario narrativo e formal descontinuo, desbótase a reconstrución fiel do relato textual en favor da implicación física do corpo e do contexto no acto de recordar.


Publicidade

Ada ou Contar de memoria unha novela de Nabokov tenta ser un exercicio de rescate da memoria orgánica, debedor das nosas tradicións oral e física.

A peza –estreada no Festival 85C, o día 8 de setembro de 2018, no MARCO de Vigo– ten unha duración duns 40 minutos.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

TeatroEscolarDeputCoruña2020 |

Aberto o prazo de inscrición no XXIII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña

ManoliñoNguema |

‘Manoliño Nguema’ gaña o Premio do Público no festival MiradasDoc