in

O TNSJ do Porto presenta ‘O Día do Juizo’ de Ödön von Horváth

ODiaDoJuizo |
O Teatro Nacional São João presenta, dende hoxe ata o domingo 23, unha montaxe da obra de Ödön von Horváth, O Dia do Juizo, dirixida por Cristina Carvalhal, quen xa estivera no TNSJ coa súa adaptación de Elizabeth Costello, de J.M. Coetzee.

 
Poderíase definir este dramaturgo citando unha das súas frases lapidarias: “En todas as miñas pezas tentei afrontar sen piedade a estupidez e a mentira.” Se lle engadimos a esta brutalidade unha tenrura polas insuficiencias humanas e un corrosivo sentido de humor, achegarémonos ao ton dominante da obra de Horváth, cidadán do imperio Austro-Húngaro que se estableceu en Berlín na década de 1920, para a partir de aí reinventar o teatro popular de lingua alemá.

Escrita em 1935-36, a intriga de O Dia do Juízo podería facilmente confundirse cun vulgar drama burgués, protagonizado por un imprevisto triangulo “amoroso”. Mais a peza vai adquirindo, a medida que progresa, a densidade dunha parábola sobre a culpa e a inocencia, problematizando a responsabilidade individual no día a día dunha comunidade.

O recurso ao vídeo é un dos elementos estruturadores do espectáculo. Asinado polo realizador Pedro Filipe Marques, o vídeo será decisivo na concreción da dimensión fantasmática da culpa ou, dito doutro modo, na “materialización” da presenza inusitada do “alén”…

A versión e dramaturxia son da propia Cristina Carvalhal e de Pedro Filipe Marques; o deseño de iluminación, de José Álvaro Correia; a música de Sérgio Delgado; a escenografía e vestiario, de Ana Limpinho & Maria João Castelo; e o elenco está constituído por Carlos Malvarez, Cucha Carvalheiro, Eduardo Frazão, Ivo Alexandre, Júlia Valente, Manuela Couto, Paulo Pinto e Pedro Lacerda.


Publicidade

A peza preséntase hoxe e mañá ás 21:00, o sábado 22, ás 19:00 e o domingo 23, ás 16:00.
 

 

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ExireMedula |

A compañía Exire estrea ‘Médula’ na Coruña

Emigrantas01 |

Kirenia Martínez leva a emigración á danza