A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia vén de recibir o premio Adolfo Marsillach a un labor teatral significativo da Asociación de Directores de Escena, que se entregaron onte no Teatro de la Comedia de Madrid.
Hai máis de 30 anos a ADE instituíu o premio a un labor teatral significativo, que nas súas sucesivas edicións recibiron, entre outros, Fabia Puigserver, Juan Margallo, Nuria Espert, Francisco Nieva, Adolfo Marsillach -que acabaría dándolle o nome ao premio- Fernando Fernán Gómez, Julia Gutiérrez Caba, o Festival de Almagro, ou Teatro do Noroeste.
A MIT Ribadavia súmase agora a esta lista de galardoados.
- O FIOT estrea ‘Territorio Regueifa’ - 21/01/2026
- Vigocultura dá a coñecer a súa nova programación - 16/01/2026
- Carlota Mosquera estrea ‘Ninguén tira fotos nos enterros’ - 15/01/2026



