in ,

V edición da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose

chair 1811633 1280 |
O Concello de Zas promove a Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” que xa vai pola súa quinta edición e que ten como obxectivo fomentar a cultura no eido das artes escénicas e, en particular, no eido afeccionado.

 

No certame, no que poden participar todas as compañías e/ou grupos de teatro afeccionado de Galicia, repartiranse un total de 3.500 euros en premios que se distribuirán da seguinte forma:

  • Premio á mellor obra elixida polo xurado: 900€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á segunda mellor obra elixida polo xurado: 800€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á terceira mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á cuarta mellor obra elixida polo xurado: 500€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á quinta mellor obra elixida polo xurado: 400€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á mellor obra elixida polo público: 200€, trofeo e diploma acreditativo

 

O prazo de inscrición xa foi aberto coa publicación das bases do concurso no BOP – Boletín Oficial da Provincia – do pasado 19 de febreiro e prolongarase ate o 20 de marzo de 2020. Os participantes deberán enviar toda a documentación requirida en ditas bases e poderán presentar tantas obras como o desexen, das cales só unha poderá ser finalista.


Publicidade

Entre todas as obras de teatro que se presenten, un xurado composto por membros do Concello de Zas e do grupo de Teatro Badius seleccionará cinco obras finalistas. Os espectáculos que pasen á final representaranse os días 18 e 25 de abril, 2, 9 e 16 de maio distribuídos entre o Auditorio Municipal de Baio e o Auditorio Municipal de Zas. A entrega de premios terá lugar o 31 de maio a partir das 18:00 horas no Auditorio Municipal de Baio.

Os/as interesados/as en participar poden consultar as bases e descargar os anexos a través da páxina web do Concello de Zas, ou contactar coa organización no enderezo [email protected].

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Montaxe |

A Xunta convoca as subvencións á creación escénica

D50A1156 774B 48B4 8DFD A0AD76EC9F3F |

A MIT Ribadavia gaña o Premio Marsillach