in

Xa á venda as entradas para as galas do Festival Atlántica de narración oral

AlineCantiaChicoDoCeu |
Os prezos varían entre os 12 e os 10 euros da gala inaugural e de clausura, respectivamente. Para o espectáculo familiar Unha aventura singular: o gato con botas cómpre retirar convites gratuítos a partir do día 10 de marzo no Teatro Principal | Foto: Igor Cerqueira |

 

Os interesados en asistir á Gala Inaugural ou de Clausura do Festival Atlántica 2020 xa poden adquirir as súas entradas a un prezo de 12 e 10 euros, respectivamente, no web da ABANCA e tamén na billeteira do Teatro Principal de martes a sábado de 18 a 21 horas e o mesmo día da función.

A Gala Inaugural deste ano leva por título ‘Varios ventos’ e vai ser o mércores 11 de marzo, ás 21:00, no Teatro Principal. Nesta ocasión o programa incluirá as intervencións de Sandra Araguas (Huesca), Aline Cântia e Chicó do Céu (Brasil), Fernando Saldaña (Salamanca) e dos galegos Cris de Caldas, Quico Cadaval, Sole Felloza, Celso F. Sanmartín, Cándido Pazó, Charo Pita, Santi Prego e María da Pontragha. Ademais, a gala terá como fío condutor a música de Marcelo Dobode.

No que respecta á ‘Tres ventos’, nome da Gala de Clausura desta edición, vaise celebrar o sábado 14 de marzo, tamén no Teatro Principal, a partir das 21 horas. Desta volta, os artistas Fernando Saldaña (Salamanca), Rubén Martínez (Venezuela), Aline Cântia e Chico do Céu (Brasil) serán os responsables de poñer o peche o encontro con historias en castelán e portugués orixinarias da terra dos protagonistas desta velada.

A outra actividade de pago do Festival Atlántica é Palabras na boca de Raquel Queizás (13 marzo, 20:30, Dospasos, Bertamiráns). A entrada desta sesión terá un custo de 7,5 euros, con pincho incluído, e estará á venda o día da función no propio local.


Publicidade

 

Programación de balde

No que respecta ao resto da programación da VIII edición do Festival Atlánticas, vai ter carácter gratuíto e non require reserva agás o espectáculo Unha aventura singular: o gato con botas, con Charo Pita e a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela coa dirección de Casiano Mouriño (14 de marzo, 18:30 h, Teatro Principal). Para esta función cómpre retirar os convites gratuítos por adiantado no propio teatro a partir do día 10 de marzo.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

PinkUnicorns 2 |

‘Pink Unicorns’ de La Macana preséntase na TanzPlattaform Deutschland 2020, en Múnic

SchumannAmateur |

Schumann amateur