in

Os contos do Festival Atlántica visitan a Aula de Pediatría do hospital de Santiago

aline chico
Os brasileiros Aline Cântia e Chicó do Céu levarán hoxe a música e as historias do seu espectáculo Contos de lá nos cantos de cá.

 

A poucos días para a inauguración oficial do Festival Atlántica, chega unha das citas tradicionais deste encontro de narración oral: a función na Aula de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago. Este ano visitarán o centro hospitalario os brasileiros Aline Cântia e Chicó do Céu e levarán ata aló o seu espectáculo Contos de lá nos cantos de cá  [martes 10 de marzo, 17:30, Aula de Pediatría, en portugués].

Todas as historias desta obra acontecen nunha inmensa árbore baixo a cal un avó de Minas Gerais se detén para descansar. Alí, sentado nun tronco, comeza a contar contos: o da árbore xenerosa ou o dun par de zapatos namorados. Narra contos que viñeron de lonxe, contados por camiñantes que chegaban alí traendo historias do mundo: dunha princesa medorenta, dun neno que danzaba coas abellas ou dunha árbore de froita amarela, da orixe das estrelas ou do amor entre Godofredo e Estela. Contos que invitan ao espectador a silenciar os ruídos externos e entrar no tempo do ‘érase unha vez…’.


Publicidade

A contadora Aline Cântia e o músico e compositor Chicó do Céu traballan xuntos dende hai dez anos en investigacións, proxectos e camiños compartidos. En 2011 fundaron o Instituto Cultural Abrapalavra, que xa gañou quince premios por diferentes traballos ligados á tradición. O Instituto traballa na produción de traballos que dialogan con recollidas de tradición oral, estudos independentes, creación de grupos de narradores de historias e actividades de formación artístico-cultural. Co obxectivo de descentralizar e democratizar o traballo artístico, o Instituto adoita realizar accións nacionais e locais, de carácter continuo ou permanente. Todas estas accións, actividades e presentacións contan cun rexistro sonoro e audiovisual. O dúo define o propósito do Instituto Cultural Abrapalavra nunha frase: “Contar, cantar e escoitar historias foi o camiño que escollemos para un profundo e pracenteiro intercambio de experiencias, saberes e feitos”.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

OPremio |

La Quintana Teatro estrea ‘O premio’ de Santiago Cortegoso, este xoves

OMozoDaUltimaFila |

Redrum anuncia a estrea de ‘O mozo da última fila’, de Juan Mayorga