in

Teatro Art’Imagem estrea ‘Desastre Nu’ na Maia

DesastreNU |
ACTUALIZACIÓN  | En vista da emerxencia da situación creada pola epidemia do coronavirus, a Câmara Municipal da Maia, en reforzo das medidas preventivas suspende eventos e pecha servizos municipais. Así, cancélase a temporada do espectáculo ‘Desastre Nu’.

 

Teatro Art’Imagem estreou onte, no auditorio da Quinta da Caverneira, en Maia, Desastre nu, un texto de António Aragão con dirección e dramaturxia de Daniela Pêgo. A obra permanecerá en cartel ata este domingo 15 (até o sábado, ás 21:30; domingo ás 16:00).

 

En Desastre nu, catro actores interpretan nove personaxes en estado neurótico e louco, promovendo unha especie de psicose colectiva que lles fai chegar ao límite emocional e que ten como consecuencia a revolución de si mesmos dentro dunha sociedade que se atopa en crise. As personaxes desta peza agardan de forma ansiosa chegar a bo porto, e lidan de forma constante con quen son, eludindo a súa frustración.


Publicidade

A poboación aumenta. E cheira mal.
Uns nacen a favor e outros á contra. Cal é a dirección mais segura?
Atopámonos cunha reflexión sobre a realidade suxia da nosa existencia.
A humanidade está chea de si mesma. É urxente destruír (reconstruír?) o poder. O poder político, o poder relixioso, o poder económico, o poder social, a discriminación e o abuso únense nun só texto e en escena, nun xogo de poder con enredos cíclicos e absurdamente expansivos.
Desastre Nu é unha traxicomedia. Homes e mulleres nun limite extremo, solitarios e expostos de forma agresiva nunha critica feroz á sociedade.
Un texto de permanente acualidade, expresivo e tráxico, que dirixe o noso ollar cara ao comportamento humano e expón a incoherencia e a ignorancia das sociedades.

 

Ficha

Autor: António Aragão
Dirección e Dramaturxia: Daniela Pêgo
Elenco: Flávio Hamilton, Diana Barnabé, Filipe Gaspar e Gustavo Caldeira
Asistente de dirección/Deseño de Luz: André Rabaça
Figurinos e atrezzo: Cláudia Ribeiro
Assistente de Figurinos e Atrezzo: Inês Libera
Mestra Costureira: Marlene Rodrigues
Execución de atrezzo: Cláudia Ribeiro e José Lopes
Música: Carlos Adolfo
Dirección de produción: Sofia Leal
Asistente de produción: José Pedro Pereira
Fotografía: Nuno Ribeiro
Deseño: Tiago Dias
Dirección Artística do Teatro Art´Imagem: José Leitão

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

MicrospectivasMaricaMillenial02 |

Incendiaria estrea en Cangas ‘Microspectivas dun marica millennial’

grand 2151219 1280 |

Peche de teatros para previr o contaxio do coronavirus