in

Peche de teatros para previr o contaxio do coronavirus

grand 2151219 1280 |
Desde a aparición do Covid-19 e a súa propagación global, infectáronse máis de 100.000 persoas. O virus transmítese con facilidade, polo que espazos ateigados de persoas poden propiciar un contaxio. Por iso, as principais institucións culturais toman medidas de prevención que inclúen a cancelación das programacións culturais.

 

Diversos teatros portugueses veñen de anunciar a cancelación temporal das súas programacións por mor da epidemia de coronavirus. Entre os teatros que pechan as súas portas están o Teatro Municipal do Porto (Rivoli e Campo Alegre), os teatros municipais de Lisboa  (São Luiz, LuCa e Teatro do Bairro Alto), os Teatros de Maia ou o Theatro Circo de Braga. Igualmente, en Santa Marta de Penaguião, distrito de Vila Real, foi cancelada a conmemoración do Dia Mundial do Teatro prevista para o 28 de marzo.

As medidas de prevención afectan tamén a outras entidades públicas como museos, galerías, bibliotecas, cines ou instalacións deportivas. Congresos e encontros tamén tiveron que ser suspendidos ou adiados, e mesmo diversas aulas universitarias pechan as súas portas até novo aviso.

Publicidade

As cámaras municipais de Lisboa e Porto foron as primeiras en tomar a decisión, pero agárdase que outras sigan o mesmo camiño. Polo de agora, as cancelacións manteránse até principios do mes de abril.

No Estado español, seguindo o paquete de medidas anunciado polo Consello de Ministros en “zonas de alta transmisión” do Covid-19, as salas do INAEM en Madrid permanecerán pechadas durante quince días, polo que toda a programación destas queda suspendida. Tamén o concello de Vitoria-Gasteiz, un dos máis afectados polo virus, suspendeu a actividade na Rede de Teatros Municipais, en principio, ata o 23 de marzo.

O Concello de Almería, aínda que se considera unha zona de baixo risco, con só 3 casos confirmados, decidiu pechar teatros, bibliotecas e centros de maiores e da muller durante dúas semanas.

En Barcelona, o Gran Teatro del Liceu vén de suspender a estrea mundial –prevista para o 19 de marzo– da nova producción de Lohengrin, de Richard Wagner, dirixida pola sía bisneta, Katharina Wagner.

Outras cidades europeas están vendo pechar os seus teatros e infraestruturas culturais. Berlín anunciou o peche das óperas, teatros e salas de concertos públicos de máis de 500 espectadores até o 19 de abril, e instou ás salas privadas a facer o mesmo. Viena fecha o Burgtheater e a ópera. E en Italia, son multitude de salas as que se manterán clausuradas ata o 3 de abril, entre outras moitas a do lendario Teatro alla Scala de Milán.

Na República Checa prohibíronse os eventos culturais con máis de cen persoas. E, a partir de mañá, Polonia tamén procederá a pechar ao público teatros, cines e museos.

En Galicia, as medidas de prevención comezaron xa a afectar á axenda cultural: o Premio Literario San Clemente, adía a súa gala, prevista para o vindeiro 31 de marzo, ata o mes de outubro; e a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico apraza a súa celebración á segunda quincena de setembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

DesastreNU |

Teatro Art’Imagem estrea ‘Desastre Nu’ na Maia

Fernando Saldaña

O Festival Atlántica expándese por Ferrol, Teo e Ourense nesta fin de semana