Comezan a coñecerse as medidas tomadas polas diferentes administracións para paliar os efectos da crise provocada pola expansión do Covid-19, o corona virus, así como as primeira peticións do sector ás administracións. Estas son as que se foron desvelando nas últimas horas.
Adiamento de todos os prazos de convocatorias públicas abertas en todas as Administracións
Este adiamento será efectivo durante os 15 días que dure o Estado de Alarma –polo de agora. Segundo Escena Galega, os principais focos de interese para as compañías son:
AGADIC
- Prazo de xustificación das axudas 2019.
- Prazo de presentación de solicitudes para as axudas a creación 2020.
Máis información en: bit.ly/2wXgzHc
REDE CULTURAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
- Prazo de contratación de espectáculos e actividades por parte das entidades locais.
Máis información en: bit.ly/2vuV7Jc
INAEM
- Neste momento non existe ninguna convocatoria en curso. Como previsión, antes desta crise, INAEM xa manexaba un retraso na convocatoria das axudas (xira, coproducións, festivais…) de entre 4 e 6 semanas.
Funcións suspendidas dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios
O pasado venres, Agadic remitiu unha comunicación a todos os espazos das redes que coordina informando de que se lles ía dar toda a flexibilidade posible para aprazar as representacións que se vexan afectadas polo COVID 19. Non todas van a poder ser recolocadas neste semestre porque hai espazos que xa teñen a súa progamación completa e non teñen datas dispoñibles.
Pola complexidade da situación, Agadic aínda non pode saber o alcance total das supensións, polo que esperará para poder facer unha valoración global e decidir cos titulares dos espazos as posibles solucións para que afecten o menos posible ás empresas teatrais e ás súas programacións.
Medidas propostas ao Ministerio de Cultura e Deporte
FAETEDA (Federación Estatal de Empresas de Teatro y Danza) vén de enviarlle un documento ao Ministerio para ser tratado alí mañá martes, cunha primeira proposta de medidas nos eidos fiscal, laboral, financeiro, de axudas públicas e para a promoción cultural. Tamén unha proposta para reforzar dende o Ministerio as accións a levar a cabo polas CCAA e entidades locais.
As principais medidas solicitadas ao Ministerio de Cultura son:
- Medidas laborais: contemplar o acceso á protección por desemprego sen esixir período de carencia; asegurar que os períodos de desemprego consumidos durante esta suspensión non prexudiquen o recoñecemento de futuras prestacións; suspensión da obriga de pagamento das cotizacións por parte das empresas; axudas ao financiamento dos ERTES xerados no período de corentena; supresión da cota dos autónomos durante o período de inactividade.
- Medidas fiscais: redución do tipo impositivo no Imposto de Sociedades; exención do IVE dos alugueres de espazos que non poden desenvolver a súa actividade; redución do IVE nas entradas das primeiras 140 funcións do 10% actual a un 4%; redución do IVE de todos os servizos relacionados co espectáculo en vivo, incluído o caché que os espectáculos facturan ás Administracións; adiamento do pago de impostos como o IRPF, o pagamento á Seguridade Social, o IVE e o imposto de sociedades.
- Medidas financeiras: reducción dos IBIS dos espazos de exhibición; establecer liñas de crédito urxentes e liñas de liquidez, a través do ICO, para empresas culturais; establecemento dun fondo para cubrir as perdas por lucro cesante.
- Medidas de promoción cultural: financiamento dunha primeira semana de asistencia aos espectáculos con prezos reducidos; ayudas para manter prezos asequibles e creación de rebaixas nas entradas; Axudas a colexios e institutos que promova a asistencia do alumnado ao teatro; axudas a campañas específicas de promoción.