in ,

Ibiza 80’

A tenrura sempre debe ter cabida

Ibiza 80', de Félix Albó, na Feria de Teatro de Castilla León
Ibiza 80', de Félix Albo, na Feria de Teatro de Castilla y León

Ibiza 80’ é un espectáculo levado a cabo polo contador Félix Albo, e tiven a oportunidade de asistir á función realizada o día 23 de agosto, na Feria de Teatro de Castilla y León, en Ciudad Rodrigo. A pesar do que poida aparentar, este espectáculo non vai sobre drogas de abuso, senón sobre a infancia de Félix nunha aldea da costa mediterránea, e a súa amizade cun cativo con síndrome de Down.

Cando entras na sala, atópaste con Félix xa no escenario, correndo nunha cinta e agardando polo público. A súa presenza resulta agradable, porque Félix ten unha calidade moi importante para as persoas que queiran estar sobre un escenario: Félix resulta simpático, ten moito carisma, e iso transmítese sen a necesidade de que diga unha soa palabra.

Unha vez o público senta e queda calado, Félix conta a súa historia. Ao final é narrador e pode permitirse sinxeleza no espazo (escénico, sonoro, lumínico), xa que só a súa presenza e voz enchen o escenario. O seu xeito de contar cativa o espectador, e agárrao ate o remate do conto. Ademais, a historia que comparte con nós é moi divertida. En verdade non, non o é. É divertido o xeito de contala, porque pode resultar tremendamente dramática, pero a simpatía e humor de Félix faina moito máis suave de dixerir. Félix sabe andar sobre os fíos que existen entre o cómico, o tenro e o dramático, coma se dun equilibrista se tratase.


Publicidade

Ibiza 80’ é un espectáculo moi necesario nestes días, nos que aínda non somos capaces de recoñecer a humanidade (completa) dos cativos que forman parte da nosas comunidades, e nos que parece que o seu asasinato sistemático en Palestina non nos chega a mover politicamente como sociedade.

Ibiza 80′, Félix Albo

Dirección: Félix Albo
Intérpretes: Félix Albo
Iluminación: Ángel Salcedo
Técnico en xira: Ángel Salcedo
Distribución: félixalbo producciones

Feria de Teatro de Castilla y León. Ciudad Rodrigo, 23 de agosto de 2024.

 

Diana Longa

Diana Longa

(Vigo, 2001) estudante de Dirección Escénica e Dramaturxia na ESAD de Galicia. Formada en música, sobre todo canto. Cofundadora do podcast Isolda, Diana e Martín viven nun mocasín.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

'WTF!' de Ay, Cariño! no Festival Teatro Gorrilla X Síntese Vigo. Foto: Afonso Becerra.

O meu balance das artes escénicas galegas en 2024

La lengua incompleta, de La familia política, en la Feria de Teatro de Castilla León

La lengua incompleta