in

Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana acada máis de cen mil espectadores coas súas transmisións en directo

CDV Noroeste |
O programa O Teatro do Noroeste Em Sua Casa foi o primeiro en iniciar a transmisión de obras en directo en Portugal.

 

Un total de 27 espectáculos transmitidos pola Internet diariamente ata o 9 de abril suman xa máis de cen mil espectadores desde que o Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana se converteu na primeira compañía portuguesa a transmitir teatro en directo no contexto da actual pandemia.

Após o espectáculo O Gato Malhado e a Andorinha Sinhá, dirixido por Tiago Fernandes, transmitido en directo o día 11 de marzo, a compañía vianense deseñou unha programación diaria de espectáculos no Facebook e Youtube, pensada para os millóns de persoas que están confinadas.


Publicidade

Na cuarta e derradeira semana de transmisión, o ciclo O Teatro do Noroeste Em Sua Casa ten programados os seguintes espectáculos: Viva o Casamento, con dirección de Fernando Gomes; Já Fui Quase Milionário, proxecto da oficina ATIVASénior dirixido por Patrícia Ferreira; CASA ENVC – Instantes e Memórias, documental contado en primeira persoa por ex-traballadores dos Estaleiros Navais de Viana do Castelo, realizado por Elisabete Pinto, Luís Lagadouro e Flávio Cruz. O último día, será a quenda de 24A74 – Salgueiro Maia, con texto e interpretación de Ricardo Simões, a partir da obra Capitão de Abril – Memórias da Guerra do Ultramar e do 25 de Abril, de Francisco José Salgueiro Maia.

O Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana vai continuar a operar en réxime de teletraballo cun conxunto de novas iniciativas online que comezarán a partir do 13 de abril, tras a Pascua.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Diego V. Meizoso

No confín de… Diego Vázquez Meizoso

LauraIturralde |

No confín de… Laura Iturralde