in

No confín de… Laura Iturralde

LauraIturralde |
Laura Iturralde é unha das iluminadoras e videocreadoras de referencia na escena galega. Moi pronto poderemos ver un dos seus últimos deseños en Microspectivas dun Marica Millenial da compañía Incendiaria. Nomeada dobremente á mellor iluminación nos Premios de Teatro María Casares deste ano por O empapelado amarelo e Fariña.

 

O libro que tes sobre a mesa de noite.

Agora mesmo estou lendo Filth (Escoura) de Irvine Welsh, un libro sobre un tipo do máis desprezable. Tamén están outros que vou lendo pouco a pouco: a Narrativa Completa de H.P. Lovecraft e Loops 2: una historia de la música electrónica en el siglo XXI de Javier Blánquez. E algúns libros e cómics que xa lin ou volverei ler: El Eternauta (marabilla!) de Héctor Germán Oesterheld, Paciencia de Daniel Clowes, Contos vellos para rapaces novos de Neira Vilas…

A túa banda sonora destes días.

O meu compi tocando o piano (só fun quen de recoñecer a Beethoven e a Erik Satie), música clásica para traballar, electrónica a tutiplén (Matthew Dear, Amon Tobin, Justice, Moderat, Nathan Fake, James Holden…), as míticas de Rihanna, Beyoncé ou Sia para facer exercicio e, tamén, un variadiño random que vai desde grupos dos 90 como Sublime até Mercedes Peón. E moito, moito, Damon Albarn sempre.

Teño unha chea de listas feitas por se alguén quere que llas comparta…

O último filme que te impresionou.

Un couteau dans le cœur de Yann Gonzalez sorprendeume e gustoume moito. Tamén El Hoyo de Galder Gaztelu-Urrutia. Encantoume The Lighthouse de Robert Eggers, de feito aproveitarei estes dias para vela por terceira vez.


Publicidade

A obra de arte na que te perderías agora.

Calquera que me dese paz, como as de James Turrell, ou The Day We Left Field de Tundra, que vin hai pouco en Barcelona no festival Llum Poblenou.

A peza que che gustaría dar forma.
Algunha que teña que ver co universo de Lovecraft, ou con Frankenstein de Mary Shelley… Algo de ciencia ficción ou terror. Ou tipo Chris Cunningham.

Unha figura histórica coa que compartir unha caña.

Con Oscar Wilde e Mary Shelley. Con Lovecraft non, que era un chungo.

Se non foses iluminadora, serías…

Versión romántica: mecánica de coches ou bailarina. Versión realista e non tan apetecible para min: fotógrafa de vodas.

Ernesto Is

(Xixón, 1988) É dramaturgo, narrador oral e docente. Premio Abrente (ex aequo) con 'Fendas' e Premio Rafael Dieste con 'Despois das ondas'. Foi seleccionado polo INAEM no Programa Dramaturgias Actuales ('El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas'), no grupo de escrita teatral DramaturXA do CDG ('Onde veñen morrer as baleas') e na bolsa Nuevas Dramaturgias de Euskadi ('Canciones amarillas para flores tristes'). Cofundador da compañía Feira do Leste, coa que estreou 'Exilio das moscas' e 'Tras Tannhäuser' (axudas á Creación Joven do INJUVE). Membro do consello de redacción da erregueté-Revista Galega de Teatro, colabora tamén coa Revista Grial e A Movida de Vigo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

CDV Noroeste |

Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana acada máis de cen mil espectadores coas súas transmisións en directo

Uribes01 |

O Ministro de Cultura decepciona ao non ofrecer ningunha medida concreta para o sector