in

O Teatro do Noroeste-CDV amplía a súa programación dixital cunha webnovela e un espazo educativo

2020OdisseiaSemEspaço |
O Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana estrea unha nova programación dixital no ámbito da extensión do ciclo Teatro do Noroeste em Sua Casa co espazo Sofá em cena, o programa educativo Caseirar e a estrea da webnovela 2020: Odisseia Sem Espaço! Este novo programa estará disponible ata o 30 de abril, nas páxinas do Facebook e Youtube da compañía vianense. | Foto: Luis Lagadouro |

 

A webnovela 2020: Odisseia Sem Espaço!, conta a historia de varias personaxes que se encontran en confinamento. Inspirada nas novelas de radio e concibida en clave de comedia, a serie é gravada diariamente por videoconferencia, con interpretación de Ana Perfeito, Alexandre Calçada, Elisabete Pinto, Ricardo Simões e Tiago Fernandes, e ten transmisións de luns a venres, ás 15:00 horas (hora portuguesa).

O programa Caseirar é un magazine educativo que, tamén diariamente, propón actividades de expresión dramática para pais e filhos, da autoría de Raquel Amorim, responsable do Servizo Educativo do Teatro do Noroeste – CDV. O programa emítese, de luns a venres, ás 9:00 (hora portuguesa).


Publicidade

O espazo “Sofá em Cena” transmitirá, os sábados e domingos, ás 22:00 horas (hora portuguesa), os vídeos do espectáculo Pequenas Peças Desoladas, de Guillermo Heras (día 18); o documental Simbiose, de Flávio Cruz e João Pacheco (día 19); o espectáculo 24A64 – Salgueiro Maia, de Ricardo Simões (día 25); o concerto Contraponto em Concerto (día 26) e o espectáculo Mas Afinal Quem És Tu, Ó Dona Maria da Fonte?, de Fernando Gomes (día 30).

Deste modo, a compañía de Viana do Castelo adapta novamente a súa programación ao contexto de teletraballo e confinamento actual, coas tres iniciativas dentro das súas liñas Criação Própria, Serviço Educativo e Projeto Comunidade.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Ana Abad de Larriva

No confín de… Ana Abad de Larriva

Carlos Pinilla

No confín de… Carlos Pinilla