Narradora oral, actriz e dramaturga. Ana Carreira é a impulsora do grupo Ubú Teatro e autora das pezas Resaca de Ilmaquinario Teatro, Un intre antes do solpor (IV Premio Varela Buxán) e Albaroque (editada por Positivas e AGADIC dentro de DramaturXA). Na imaxe, nun momento da peza que estaba a piques de estrear con Pínconús Teatro no Auditorio Gustavo Freire de Lugo: Pínconús, dirección e dramaturxia de José Campanari. | Foto: La Cosa Gráfica |
O libro que tes sobre a mesa de noite.
Incendios de Wajdi Mouawad. Até agora lin un montón de novelas que me chegaron en PDF.
A túa banda sonora destes días.
Teño unha lista de reprodución no móbil que se chama “Cancións que me gustan”: Roxy Music, Acróbata, Sés, Silvia Pérez Cruz, Márcia, Mercedes Sosa…
O último filme que te impresionou.
Se de impresionar falamos, Léolo de Jean-Claude Lauzon. Xa hai anos.
A obra de arte na que te perderías agora.
No Xardín das Delicias de El Bosco. Será polas circunstancias
A peza que che gustaría interpretar e escribir.
Gustaríame ter ocasión de interpretar nun futuro próximo Pínconús do grupo Pínconús e O Vixilante dos soños de Ubú Teatro, que xa están preparadas. E encantaríame poder evadirme da situación para escribir con satisfacción.
Unha figura histórica coa que compartir unha caña.
Sería un viño. No teño admiración por ningunha figura histórica, pero a algunha diríalle: seguro?.
Se non foses actriz, dramaturga, narradora, serías…
Se o soubese, en moitas ocasións xa tería fuxido da inestabilidade esta na que vivimos. Pero aínda non apareceu nada que máis me preste.