in

No confín de… Celia González

Celia González
Celia González é unha actriz naronesa con carreira no audiovisual e no teatro. Entre os seus traballos destacan Os vellos non deben de namorarse con Teatro do Morcego, Matanza de Triateros ou Os Rockenstein de Malasombra Producións, entre outras compañías. O seu último papel sobre as táboas é dunha das fillas da Bernarda escrita e dirixida por José Prieto, papel polo que opta á mellor actriz secundaria nesta edición dos Premios María Casares de Teatro. | Foto: Muriel Pernas |

 

O libro que tes sobre a mesa de noite.

Agora mesmo Tokio Blues, de Murakami, e El amor en los tiempos del cólera de García Márquez. Levaba moito tempo lendo só teatro e necesitaba recuperar un pouco a novela. Iso si, non sei se escollín moi ben… Tanta historia nostálxica non me fai moito ben neste confinamento. O seguinte que quero ler é a obra dramática de Andrea Dunbar (editada por Galaxia), que seguro me aportará o Rock & Roll que necesito para compensar ás outras dúas.

A túa banda sonora destes días.

Pois depende do momento que teña, pero creo que paso a maior parte do día escoitando música. Hai certos grupos ou cantantes que son constantes na miña vida, nestes días tamén, por exemplo Ella Fitzgerald ou The Smiths. Ultimamente estou escoitando un pouco de todo: Childish Gambino, Ibeyi, Residente, El Kanka, Rodrigo Cuevas, Bill Withers, Will Butler, Baiuca, Mercedes Peón… O momento no que máis silencio teño é pola mañá, durante e despois do almorzo. Sempre escoito un ratiño aos paxaros. E, de cando en vez, escoito un galo cantar (afónico e a destempo, faime rir moitísimo) e, ás veces intento imitalo, e manter unha pequena conversa con el. O que fai o aburrimento…

O último filme que te impresionou.

Estou vendo moitas series e películas nestes días, pero os que me veñen á cabeza agora mesmo son Marriage Story de Noah Baumbach, que creo que o ten todo: desde momentos realmente divertidos até unha crueldade que conmove. Tamén The Wife de Björn Runge, cun traballo de Glenn Close espectacular (coma sempre), que podería estar desfrutando durante horas e horas.

A obra de arte na que te perderías agora.


Publicidade

Nalgunha pintura do meu querido Leandro Lamas. Necesito moita cor, moita natureza, e tomar o sol espida.

A peza que che gustaría facer.

Sería feliz dirixindo calquera comedia de Shakespeare.

Unha figura histórica coa que compartir unha caña.

David Bowie, sen ningunha dúbida.

Se non foses actriz, serías…

Probablemente fotógrafa. Hai moitos anos era outra das posibles opcións de futuro.

Ernesto Is

(Xixón, 1988) É dramaturgo, narrador oral e docente. Premio Abrente (ex aequo) con 'Fendas' e Premio Rafael Dieste con 'Despois das ondas'. Foi seleccionado polo INAEM no Programa Dramaturgias Actuales ('El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas'), no grupo de escrita teatral DramaturXA do CDG ('Onde veñen morrer as baleas') e na bolsa Nuevas Dramaturgias de Euskadi ('Canciones amarillas para flores tristes'). Cofundador da compañía Feira do Leste, coa que estreou 'Exilio das moscas' e 'Tras Tannhäuser' (axudas á Creación Joven do INJUVE). Membro do consello de redacción da erregueté-Revista Galega de Teatro, colabora tamén coa Revista Grial e A Movida de Vigo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Farsa Das Zocas

O Consello da Cultura edita a ‘Farsa das zocas’ de Carvalho Calero

FormacionHerdanza |

As compañías de danza galegas perderán case un millón e medio de euros até setembro