in

A União das Companhias de Teatro Portuguesas adhire novos membros

UCOTEP |

Catorce compañías integran ata o momento a recentemente fundada União das Companhias de Teatro Portuguesas (UCOTEP) que se atopa nunha fase de adhesión de novo membros. A UCOTEP é un movemento fundado o 15 de maio de 2020 que congrega entidades colectivas de creación teatral en Portugal que se identifican como compañías profesionais de teatro.

A UCOTEP defende a creación dun Estatuto Certificado para as compañías; a inclusión das compañías no proceso de implementación da Rede Nacional de Teatro e Cine-Teatros; a auscultación das compañías nos procesos pre-lexislativos de políticas públicas de Cultura en Portugal. Con estes propósitos, a acción da Ucotep pretende potenciar as prácticas do conxunto das compañías e contribuír a incrementar: a sustentabilidade e a empregabilidade do sector artístico portugués, a cohesión territorial do acceso á cultura por parte da cidadanía e o desenvolvemento do sector do teatro profesional en Portugal.

Así, os obxectivos xerais da União das Companhias de Teatro Portuguesas son defender os dereitos e a representatividade das compañías nas institucións tutelares da cultura; poñer en valor as compañías como institucións estratéxicas para o acceso á cultura e para a empregabilidade de artistas e persoal técnico en Portugal; promover a sustentabilidade das compañías xunto con entidades públicas e privadas que favorezan o establecemento de colaboracións para o desenvolvemento cultural.


Publicidade

Desde a actualización realizada o 26 de maio, o colectivo rexistra 14 compañías ao tempo que promove a adhesión de novas integrantes dentro dunha lista de compañías que se renova semanalmente. As compañías adheridas ao movemento ata o momento son:

  • ACTA- Companhia de Teatro do Algarve
  • Amarelo Silvestre
  • Artistas Unidos
  • Cegada Teatro
  • Historioscópio Teatro de Marionetas
  • Krisálida
  • Lua Cheia
  • Marionet
  • Palco 13
  • S.A. Marionetas – Teatro & Bonecos
  • Teatro Estúdio Fontenova
  • Teatro Experimental de Cascais
  • Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana
  • Teatro da Terra

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

kindle |

Nace o I Festival Virtual do Libro de Galicia

Alfredo Rodríguez

No confín de… Alfredo Rodríguez