in

No confín de… Alfredo Rodríguez

Alfredo Rodríguez
Actor, director e pedagogo. Alfredo Rodríguez dirixe, xunto a Olga Cameselle, o espazo de formación A Artística de Vigo para artes performativas e do movemento. A principios deste ano estreou o espectáculo Lixo xunto a compañía O Baúl da Tía Tola.

 

O libro que tes sobre a mesa de noite.

Non leo na cama. Pola casa estes días andan libros soltos. Na sala está Los mitos. Su impacto en el mundo actual de Joseph Campbell, vou a modo con el que é intenso; e tamén está Especies de espacios de Georges Perec. Axúdanme a argallar o meu próximo proxecto… Na terraza, El asesinato de Sócrates de Marcos Chicot, para viaxar a outra época. E, de cando en vez, pílulas de poesía: O útero dos cabalos de Lupe Gómez (Espiral Maior Edicións) e Ultramarino de Xesús Castro (Chan da Pólvora Editora).

Publicidade

A túa banda sonora destes días.

O álbum My Love de Sharon Kovacs. E descubrín a Jhana Beat, que me ten enganchado…

O último filme que te impresionou.

La noche de 12 años de  Álvaro Brechner, con Antonio de la Torre como Pepe Mujica durante os anos de cativerio en prisión. Tamén Vitalina Varela de Pedro Costa, impresionante viaxe dunha muller caboverdiana na procura do seu home en Lisboa. Un traballo actoral sobresaínte.

A obra de arte na que te perderías agora.

Pois no medio do Xardín das Delicias de El Bosco. E poder buscar, atopar, descubrir, escapar, rir, desfrutar…

A peza que che gustaría facer.

Pois aí estamos dando forma, lendo, escribindo… Non sei, sempre me atrapo no que estou, no aquí e agora. E outra vez máis, o espazo e o tempo. A relatividade da vida vivida.

Unha figura histórica coa que compartir unha caña.

Publicidade

Pois de cañas con Leonardo da Vinci, o Che e Maruxa Mallo. Non sei se daría falado, e iso que non paro.

Se non foses actor e director, serías…

Cociñeiro. Adoro ver un sorriso na cara dos que sentan á miña mesa.

Publicidade
Publicidade
Avatar

Ernesto Is

(Xixón, 1988) É dramaturgo, narrador oral e docente. Premio Abrente (ex aequo) con 'Fendas' e Premio Rafael Dieste con 'Despois das ondas'. Foi seleccionado polo INAEM no Programa Dramaturgias Actuales ('El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas'), no grupo de escrita teatral DramaturXA do CDG ('Onde veñen morrer as baleas') e na bolsa Nuevas Dramaturgias de Euskadi ('Canciones amarillas para flores tristes'). Cofundador da compañía Feira do Leste, coa que estreou 'Exilio das moscas' e 'Tras Tannhäuser' (axudas á Creación Joven do INJUVE). Membro do consello de redacción da erregueté-Revista Galega de Teatro, colabora tamén coa Revista Grial e A Movida de Vigo.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

UCOTEP |

A União das Companhias de Teatro Portuguesas adhire novos membros

teatro principal ourense 1 |

O plan de reactivación da cultura de Ourense prioriza as actuacións de artistas locais