in

Viana do Castelo ofrece un servizo de comida a domicilio con arte

Entrega Refeição ao Domicilio |
O café concerto do Teatro Municipal Sá de Miranda ofrece un novo servizo de entrega de comida a domicilio con arte. A iniciativa súmase ao programa de actividades que desenvolve a compañía Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana durante a crise da Covid-19.

 

En horario de mañá, o Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana leva comidas a domicilios particulares, presentando unha sorpresa artística protagonizada polas actrices e actores do elenco residente da compañía vianense.

O Café Concerto do Teatro Municipal Sá de Miranda ofrece, de luns a venres, tres opcións de prato do día: prato de carne, prato de peixe e prato vexetariano. Tanto o servizo de Refeições para Levar, como as Entregas ao Domicílio com Arte é feito en recipientes amigos do ambiente, sen uso de plástico.


Publicidade

Os programas Sofá de Cena, dedicado á exhibición online de espectáculos antigos da compañía; Ensaio de mesa, centrado no encontro virtual con compañías portuguesas para contribuír á reflexión conxunta sobre o tema ‘Para un teatro Pós-Pandémico’; a webnovela Odisseia sem espaço! ou a oficina para crianzas Caseirar son algunhas das iniciativas impulsadas pola compañía de Viana do Castelo nestes meses atravesados polas restricións da pandemia.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

somos criminais | Touriñan e Carlos Blanco

‘Somos Criminais’, con Carlos Blanco e Touriñán, volve nunha función única para ver na casa

aelg novo logo11 |

A Asociación de Escritores rexeita participar no Plan de Reactivación da Xunta