Jean Luc Nancy –que abre o festival cunha reflexión sobre a idea da literatura no pensamento contemporáneo–, Gioconda Belli, Juan Villoro, Isabel Coixet, David Trueba, Raúl Zurita, Bernardo Atxaga, Brigitte Vasallo ou Oliver Laxe son outros dos participantes no festival.
Marta Pazos participará no Festival Paris ne finit jamais, un encontro virtual e multiplataforma que se celebra por primeira vez do 15 ao 30 de xuño, organizado por DALIA, unha asociación dedicada á promoción das linguas e culturas iberoamericanas.
O encontro comezará o vindeiro luns 15 de xuño e prolongarase até final de mes. Durante eses quince días, 25 autoras e autores debaterán sobre literatura, filosofía, teatro ou cinema, co obxectivo de tecer redes de coñecemento transversais. As intervencións serán moderadas por un especialista na materia que se trate e as conferencias serán accesíbeis a través de YouTube, Facebook, Twitter e Instagram, en streaming e de balde.
Jean Luc Nancy –que abre o festival cunha reflexión sobre a idea da literatura no pensamento contemporáneo–, Gioconda Belli, Juan Villoro, Isabel Coixet, David Trueba, Raúl Zurita, Bernardo Atxaga ou Brigitte Vasallo son algúns dos participantes no encontro. O cineasta Oliver Laxe será o outro representante galego no encontro.
Pazos intervirá como única relatora en “As mulleres sabias da escena contemporánea”, o 17 de xuño, ás 19:30, como unha das renovadoras do teatro contemporáneo.