in

La Ribot e Claudia Castellucci premiadas na Bienal de Danza de Venecia

laribotmarco |
A bailarina e coreógrafa madrileña María José Ribot, “La Ribot”, recibirá o León de Ouro de Danza da Bienal de Venecia, que se celebrará entre o 13 e o 25 de outubro. Claudia Castellucci recibirá o León de Prata.

 

La Ribot, segundo propia definición, unha artista “indisciplinada”comeza a traballar na construción dunha obra distinta na que empeza a desenvolver as Pezas distinguidas: solos de curta duración que iría acumulando en series/espectáculos desde 1993 e que xogan cos límites entre disciplinas artísticas. Algúns destes traballos chegaron mesmo a ser adquiridos por coleccionistas, expondo cuestións sobre o efémero, o inmaterial e o mercado da arte.

La Ribot presentará na Bienal Panoramix, tres ciclos das Pezas distinguidas, solos que van de 30 segundos a siete minutos y que con todo tipo de lenguajes crean poemas visuales. As súas coreografías teñen unha duración que vai desde apenas trinta segundos ata as seis horas de Laughing Hole, unha performance que, tras a súa estrea na feira Art Basel en 2006, puido verse en Galicia no MARCO de Vigo [na foto] e continúa representándose por todo o mundo.

En setembro, a artista será a protagonista dunha exposición no Centro Galego de Arte Contemporánea, prevista para este mes de xuño pero finalmente adiada pola alerta sanitaria.


Publicidade

Claudia Castellucci recibirá o León de Prata e presentará na Bienal Fisica dell’aspra comunione, baseada en pezas do Catalogue des oiseaux de Olivier Messiaen interpretadas en directo polo pianista Matteo Ramon Arevalos.

Dramaturga, coreógrafa e docente, Claudia Castellucci construíu unha arquitectura teórico-práctica absolutamente rigorosa: unha escola e unha compañía, ensaios e leccións que desenvolven a súa reflexión sobre o concepto de tempo e movemento rítmico en relación coa música e que en Messiaen , inventor de procedementos rítmicos persoais, atopou o seu impulso natural.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

TeatroPrincipalTui |

Presentación do anteproxecto de rehabilitación do Teatro Principal de Tui

mit 2014 22 |

A MIT Ribadavia presentou o programa da súa 36ª edición