A presentación será retransmitida en streaming.
Este xoves, 25 de xuño, ás 11:30 h na Aula CEMIT, no primeiro andar da Área Panorámica de Tui, terá lugar a presentación do anteproxecto de recuperación do Teatro Principal de Tui. O acto coincide coa conmemoración da celebración dos Primeiros Xogos florais de Galicia que tiveron lugar no teatro tudense o 24 de xuño de 1891, foron daquela o primeiro acto público celebrado integramente en galego.
A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso, e do arquitecto César Portela, autor do anteproxecto. Estarán presentes os voceiros municipais do PP, BNG, C’s e C21, así coma representantes de Zona Franca, da extinta Fundación Teatro Principal, e o cronista oficial de Tui, Ernesto Iglesias Almeida.
A presentación será retransmitida en streaming tanto a través do web tui.gal, coma da canle de youtube do Concello de Tui.
- O Centro Ágora da Coruña acolle a I Mostra do Programa de Acompañamento á Creación Escénica (PACE) - 31/07/2026
- NOGA organiza a primeira edición das súas xornadas formativas de narración oral - 30/07/2026
- O Centro Coreográfico Galego coproducirá os novos espectáculos de Paula Quintas, VACAburra e SÖA - 28/07/2026



