A viaxe dos Chévere, de Alfonso Zarauza, un documental que repasa 25 anos de historia dunha das compañías de teatro máis combativas de Galicia, pode verse xa na plataforma Filmin.
A través dunha mirada moi persoal e poética, o filme narra o desterro dos Chévere, que se viron obrigados a abandonar a mítica Sala Nasa de Santiago de Compostela polas presión do goberno municipal daquel intre e instalarse no concello veciño de Teo. Durante varios meses, o cineasta e un reducido equipo acompañaron ao grupo no seu día a día, mentres elaboraban a Ultranoite no País dos Ananos, un musical co que se estrearon no seu novo espazo de traballo e que xirou posteriormente por Galicia
Un filme que fala da irracionalidade do poder e da cordura da arte, da volatilidade da acción política e da perdurabilidade do traballo creativo. Un proxecto no que o teatro e o cine van da man.