A compañía Talía Teatro estrea hoxe, mércores 15 de xullo, ás 20:00, en Cee o seu novo espectáculo Voa, voa! A obra está dirixida por Artur Trillo e interpretada por María Ordóñez e Toño Casais.
Voa, voa! é un espectáculo dirixido especialmente ao público infantil pero para desfrutar en familia, para divulgar e relembrar a arte de xogar coas palabras.
Todas as tardes despois de merendar Xoana baixa a xogar ao parque. Alí coincide con Anxo, un neno introvertido que prefi re estar na casa vendo a tele. Pouco a pouco vai entrando nos xogos que lle propón Xoana, todos aqueles xogos que lle ensinou a súa avóa.
Unha montaxe na que ser proporá recuperar ditos, retrousos, xogos de man,…toda unha relación de ditos populares centrados nestas pequenas rimas que perduraron xeración tras xeración e que se foron transmitindo de xeito oral.Un espectáculo para incentivar a xogar, pero sobre todo incentivar ás familias (nais, pais pero sobre todo avoas e avós) a furgar na súa memoria para recuperar e transmitir os seus xogos da infancia e o vocabulario que se empregaba.
- O CDG e Contraproducións inician a xira de ‘Memorias dun neno labrego’ - 29/01/2026
- O FIOT estrea ‘Territorio Regueifa’ - 21/01/2026
- Vigocultura dá a coñecer a súa nova programación - 16/01/2026



