in

Talía estrea ‘Voa, voa’ en Cee

VoaVoaTalía |
A compañía Talía Teatro estrea hoxe, mércores 15 de xullo, ás 20:00, en Cee o seu novo espectáculo Voa, voa! A obra está dirixida por Artur Trillo e interpretada por María Ordóñez e Toño Casais.

 

Voa, voa! é un espectáculo dirixido especialmente ao público infantil pero para desfrutar en familia, para divulgar e relembrar a arte de xogar coas palabras.

Todas as tardes despois de merendar Xoana baixa a xogar ao parque. Alí coincide con Anxo, un neno introvertido que prefi re estar na casa vendo a tele. Pouco a pouco vai entrando nos xogos que lle propón Xoana, todos aqueles xogos que lle ensinou a súa avóa.


Publicidade

Unha montaxe na que ser proporá recuperar ditos, retrousos, xogos de man,…toda unha relación de ditos populares centrados nestas pequenas rimas que perduraron xeración tras xeración e que se foron transmitindo de xeito oral.Un espectáculo para incentivar a xogar, pero sobre todo incentivar ás familias (nais, pais pero sobre todo avoas e avós) a furgar na súa memoria para recuperar e transmitir os seus xogos da infancia e o vocabulario que se empregaba.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

mulleres en accion mostra 2020 12 |

Profesionais galegas das artes escénicas e audiovisuais estudan medidas para mellorar a situación das mulleres no sector

LaFuraNN |

La Fura dels Baus trae ao Gaiás un macroespectáculo sobre a loita contra a pandemia