in

‘Saída de emerxencia’, convocatoria do Festival herDanza para artistas emerxentes

Danza |
O Festival HerDanza pon en marcha unha convocatoria de propostas do corpo e movemento para artístas residentes en Galicia. Pensada especialmente para proxectos emerxentes ou de recente creación.

 

Desde a V Edición do festival HerDanza propoñen un espazo onde as artistas emerxentes podan mostrar o seu traballlo. A convocatoria está especialmente pensada para compañías emerxentes e proxectos de nova creación, así como intervencións, investigacións ou outro tipo de formatos e discursos mixtos.

Será indispensable que as pezas ou intervencións sexan adaptables a ser expostas nun parque de Santiago de Compostela, e ter dispoñibilidade nalgunha das datas do festival (3, 4 e 5 de Setembro)

Os proxectos seleccionados recibirán entre 100 € e 250 € como axuda para o desprazamento e manutención en Santiago de Compostela .


Publicidade

O festival gárdase o dereito a deixar deserta esta convocatoria.

A data límite para presentar as psopostas é o 9 de agosto de 2020 ás 23:59 e aquelas persoas interesadas deberán mandar información da peza ou intervención a [email protected] coa seguinte información:

Asunto: Saida de Emerxencia + Nome da peza
Ficha Artística que inclúa sinopse, biografía e duración.
Dispoñibilidade e número de compoñentes.
Video da peza (ou ensaio se está en proceso de creación)

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Titirircircus |

A Cidade da Cultura programa un ‘Agosto monicrequeiro’

FEGATEA PremioMostraCangas |

A Mostra de Cangas recibe o VI Premio Fegatea