O Festival HerDanza pon en marcha unha convocatoria de propostas do corpo e movemento para artístas residentes en Galicia. Pensada especialmente para proxectos emerxentes ou de recente creación.
Desde a V Edición do festival HerDanza propoñen un espazo onde as artistas emerxentes podan mostrar o seu traballlo. A convocatoria está especialmente pensada para compañías emerxentes e proxectos de nova creación, así como intervencións, investigacións ou outro tipo de formatos e discursos mixtos.
Será indispensable que as pezas ou intervencións sexan adaptables a ser expostas nun parque de Santiago de Compostela, e ter dispoñibilidade nalgunha das datas do festival (3, 4 e 5 de Setembro)
Os proxectos seleccionados recibirán entre 100 € e 250 € como axuda para o desprazamento e manutención en Santiago de Compostela .
O festival gárdase o dereito a deixar deserta esta convocatoria.
A data límite para presentar as psopostas é o 9 de agosto de 2020 ás 23:59 e aquelas persoas interesadas deberán mandar información da peza ou intervención a herdanzafestival@gmail.com coa seguinte información:
Asunto: Saida de Emerxencia + Nome da peza
Ficha Artística que inclúa sinopse, biografía e duración.
Dispoñibilidade e número de compoñentes.
Video da peza (ou ensaio se está en proceso de creación)
- O Centro Ágora da Coruña acolle a I Mostra do Programa de Acompañamento á Creación Escénica (PACE) - 31/07/2026
- NOGA organiza a primeira edición das súas xornadas formativas de narración oral - 30/07/2026
- O Centro Coreográfico Galego coproducirá os novos espectáculos de Paula Quintas, VACAburra e SÖA - 28/07/2026



