in

O festival herDanza de Compostela comeza a súa quinta edición este xoves

Conxuro Daniel Rodriguez |
Este xoves comeza o Festival HerDanza, que este ano chega á súa quinta edición. Entre os días 3 e 5 de setembro, o parque de Bonaval e o CGAC serán os principais escenarios dos espectáculos de danza, as conversas e as proxeccións audiovisuais que constitúen o programa do festival.

 
Na xornada do xoves, 3 de setembro, celebrarase unha conversa sobre “A danza, o tradicional e o contemporáneo”, ás 17:00 no CGAC, con Fran Sieira e Jaime Pablo Díaz, e moderada por Xiana Vilas. Ás 19:00, o parque de Bonaval será escenario de tres propostas artísticas da man de Daniel Rodríguez –Conxuro–, Abdiel Vargas e Yaimelys Robaina –Descansa en mi–, Marta Cuba e Remedios Cuba –Círcula–.

O venres 4, ás 17:00, poderase asistir ao espectáculo Ouveo, de Mikel Aristegui, froito da residencia do coreógrafo no CGAC, seguido dun coloquio co artista. Ás 19:00, de novo tres propostas de danza: Wacking do Fiandón con Bernarda cara de leoparda, Milagros Bordones e Carlos Jesús García con El Aleph, e a Cía Mai con Dous en unha.

O sábado 5 péchase o festival con tres propostas: ás 12:30 o visionado do filme Polina, de Angelin Preljocaj e Valérie Müller, no CGAC; ás 17:00, tamén no CGAC, a presentación do libro O público está aquí de Sabela Mendoza, con presenza da autora e de Gena Baamonde; e ás 19:00 danza en Bonaval con Xián Martínez e Príncipe do vinteún, e con Clara Ferrao e Leodan Rodríguez con Solodados.

 

Entradas e acceso


Publicidade

O aforo de cada evento está limitado a un total de sesenta persoas, para poder garantir as distancias de seguridade. A entrada é gratuíta, e o público deberá asistir con media hora de antelación ao recinto, e seguir as indicacións do persoal de acomodación.

Pódense reservar os convites aquí.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ElectraChapito |

Companhia do Chapitô e Teatro del Andamio gañan o premio do público na Mostra de Cariño

Aladino2 |

A sala Ártika de Vigo comeza a temporada co I Festival Comediártiko