Os premios serán entregados na XLIII edición da Mostra de Teatro, o próximo ano.
O público da XLII Mostra de Teatro Galego de Cariño escolleu as súas obras favoritas nesta edición de 2020, marcada pola diminución de aforo debido á aplicación dun rigoroso protocolo COVID.
As obras que obtiveron máis votos por parte dos espectadores foron Electra, da Companhia do Chapitô, no apartado de obras para público adulto, e O sal do mar e outros contos mariñeiros, de Teatro do Andamio, dentro das obras dirixidas a público infantil e familiar.
Na primeira, a compañía portuguesa atrévese cun título complexo dentro de la tragedia griega: Electra. A segunda versa sobre a vida de Iago, un neno que ama a mar e que xoga co seu avó a ser mariñeiro; o soño faise realidade e na obra nárranse as peripecias do protagonista durante a súa viaxe cruzando os mares.
Ambos premios entregaranse ao inicio da Mostra do ano 2021.
- Sete persoas e entidades foron distinguidas nos IV Recoñecementos de Escena Galega das Artes Escénicas - 07/07/2026
- Moaña acolle a primeira edición do Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu - 03/07/2026
- O Convento de Santa Clara acolle a Bienal de Artes Vivas de Pontevedra - 03/07/2026



