in ,

O Teatro do Noroeste – CDV avanza o seu programa para o outono 2020

SeIstoEUmHomemAlmada |
O día 9 de outubro presentarase o programa do IV Festival de Teatro de Viana do Castelo.

 

A compañía de Viana do Castelo presenta a súa nova programación adaptada ao contexto actual para os últimos meses de 2020. Do 25 ao 27 de setembro, a III edición do Festival Transfronteiriço de Teatro Amador- Platta reúne os grupos aficionados de teatro de Galicia, Castela-León e Portugal no Teatro Municipal Sá de Miranda en Viana do Castelo, con entrada libre.

De igual modo, o 3 de outubro a Companhia de Teatro de Almada desembarca en Viana co espectáculo Se Isto é Um Homem, de Primo Levi con dirección de Rogério de Carvalho ás 21.30, na Sala Principal do Teatro Municipal Sá de Miranda. Pola súa parte, o 9 de outubro terá lugar a presentación do IV Festival de Teatro de Viana do Castelo, seguida do concerto dos Galandum Galundaina.


Publicidade

Xa no mes de decembro, o día 3, o teatro vianense acollerá a ACTA-A Companhia de Teatro do Algarve co espectáculo Instruções para Abolir o Natal, baixo a dirección de Isabel dos Santos. De igual forma, do 10 ao 19 de decembro, será posible asistir no Teatro Municipal ao espectáculo Falar Verdade a Mentir, de Almeida Garret: unha nova creación con dirección de António Capelo e interpretación de Alexandre Calçada, Ana Perfeito, Elisabete Pinto e Tiago Fernandes.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

RosaGante |

Rosa E. Gantes gaña o II Prémio Platta de Teatro Breve – Portugal

ElectraChapito |

Companhia do Chapitô e Teatro del Andamio gañan o premio do público na Mostra de Cariño