in

O I Congreso Internacional do Teatro Galego esgota as prazas presenciais

CongresoTeatro |
A inscrición segue aberta para seguir as sesións de xeito virtual a través das canles online que se habilitarán para este fin.

 

O I Congreso Internacional do Teatro Galego vén de pechar a inscrición presencial por completar o aforo da Cidade da Cultura. A partir destes momentos, as persoas que queiran inscribirse podelo facelo para participar exclusivamente de xeito virtual, a través das canles online polas que será retransmitido o evento.

O I Congreso Galego do Teatro celebrarase os día 7, 8, 9 e 10 de outubro, na Cidade da Cultura despois de que a súa celebración tivese que ser suspendida en marzo por causa da pandemia de Covid-19. Malia as dificultades organizativas derivadas da situación, o Congreso logrou suscitar o interese do mundo do teatro e da cultura, ata o punto de que as prazas se esgotaron dúas semanas antes de que comecen as sesións na Cidade da Cultura.

A Academia Galega de Teatro, organizadora do Congreso, traballou arreo durante estes meses para desenvolver todas as actividades no contexto actual da crise sanitaria, e tomaranse todas as medidas sanitarias e de distanciamento necesarias para garantir a seguridade de todos os asistentes fronte á Covid-19, compatibilizando a asistencia presencial e virtual dos participantes.

O Congreso ten un duplo obxectivo: por unha banda, analizar o pasado e o presente do teatro galego a través de comunicacións, mesas redondas e sesións plenarias dende unha perspectiva académica que contribúa a un mellor coñecemento do sistema teatral de Galicia. Por outra, deseñar, a través do debate, os principios teóricos que deben guiar a creación dun plan estratéxico e dunha lexislación que ampare a creación e distribución escénica para a vindeira década. Equilibraranse así dúas perspectivas –académica e política– para deseñar o futuro do teatro galego.

O programa do congreso xa está fechado e pode consultarse no seu web: www.congresodoteatro.gal


Publicidade

 

Tres grandes ámbitos temáticos

O Congreso Internacional do Teatro Galego artellarase arredor de tres grandes ámbitos temáticos: “Experiencia acumulada”, que inclúe a análise do proceso de profesionalización, a evolución das programacións teatrais nos últimos 20 anos, e a análise da evolución dos espazos escénicos; ”Retos actuais2, que desenvolverá os epígrafes ‘A crise da profesión teatral e os seus oficios; conflitos laborais e sociais’, ‘As programacións teatrais en Galicia’, e ‘Por un teatro inclusivo’; e “Modelos externos”, que analizará o modelo portugués, outros modelos europeos e modelos americanos.

Unha ducia de Mesas de Traballo debullarán temas como “A creación e o público”; “Distribución”; “Difusión e formación”; “Teatro Afeccionado; “Teatro de Monicreques”; “Produción e xestión”; ou “Creación, xestión e público”. Unha vintena de comunicacións particulares, por outra banda, analizarán cuestións como a deontoloxía na profesión teatral, o emprendemento, as aulas universitarias de teatro, a tradución de textos teatrais, os procesos colaborativos ou a dramaturxia actual, entre outros.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

baños |

José Luís Baños De Cos gaña o Premio Roberto Vidal Bolaño de Teatro 2020

ventanaUp2Down |

Catro compañías galegas no XXV Festival Internacional Cómico da Maia