in

O I Congreso Internacional do Teatro Galego comeza hoxe na Cidade da Cultura

CongresoTeatro |
Nesta xornada presentarase o Informe sobre o Teatro Galego que elaborou o Observatorio da Cultura Galega, dependente do Consello da Cultura, e que xerou unha grande expectativa por coñecer as cifras que rexeron a actividade da arte dramática en Galicia nas últimas décadas.

O I Congreso Galego do Teatro celebrarase os día 7, 8, 9 e 10 de outubro, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Baixo o lema co lema “Co 2030 no horizonte”, o Congreso pretende, entre outros obxectivos, crear un plan estratéxico e unha lei do teatro na próxima década.

O Congreso inaugúrase co conferencia plenaria de Cristina Domínguez Dapena, vicedirectora da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, que versará sobre “O teatro galego proxectándose cara o século XXI: os desafíos da poscrise”.

A seguir, diversas mesas de debate examinarán cuestións relacionadas coa experiencia acumulada no teatro galego nos últimos corenta anos, sobre os retos que enfronta na actualidade e sobre modelos externos dos que se poidan extraer ensinanzas no futuro. Participarán nestas mesas renomeados especialistas como Inma López Silva, Marta Núñez, Laura Míguez, Rui Madeira, Jordi Graells ou Guillermo Heras.

Pola tarde, diversas comunicacións persoais abordarán temas como o teatro universitario, a tradución teatral, a recepción e representación en Galicia de Valle Inclán ou a guerra civil e o franquismo na dramaturxia galega.

As 18:00 presentarase o Informe sobre o Teatro Galego que elaborou o Observatorio da Cultura Galega, dependente do Consello da Cultura, e que xerou unha grande expectativa por coñecer as cifras que rexeron a actividade da arte dramática en Galicia nas últimas décadas.

Igualmente, Francisco Núñez, director do Centro Dramático Galego, presentará as liñas a seguir pola institución no futuro inmediato.

A xornada rematará, a partir das 19:00, cun plenario no que tratarán de resumirse as achegas do día sobre “Experiencia, Actualidade e Modelos Externos”.

 


Publicidade

Duplo obxectivo

O Congreso, que ía celebrarse en marzo e que tivo que ser adiado por causa da pandemia da Covid-19, ten un duplo obxectivo: por unha banda, analizar o pasado e o presente do teatro galego a través de comunicacións, mesas redondas e sesións plenarias dende unha perspectiva académica que contribúa a un mellor coñecemento do sistema teatral de Galicia. Por outra, deseñar, a través do debate, os principios teóricos que deben guiar a creación dun plan estratéxico e dunha lexislación que ampare a creación e distribución escénica para a vindeira década. Equilibraranse así dúas perspectivas –académica e política– para deseñar o futuro do teatro galego.

O Congreso Internacional do Teatro Galego artellarase arredor de tres grandes ámbitos temáticos: “ Experiencia acumulada”, que inclúe a análise do proceso de profesionalización, a evolución das programacións teatrais nos últimos 20 anos, e a análise da evolución dos espazos escénicos; “Retosactuais”, que desenvolverá os epígrafes “A crise da profesión teatral e os seus oficios; conflitos laborais e sociais’, ‘As programacións teatrais en Galicia’, e ‘Por un teatro inclusivo’; e “Modelos externos”, que analizará o modelo portugués, outros modelos europeos e modelos americanos.

Desde a Academia Galega de Teatro, organizadora do Congreso, estase traballando para desenvolver todas as actividades no contexto actual da crise sanitaria, e tomaranse todas as medidas sanitarias e de distanciamento necesarias para garantir a seguridade de todos os asistentes fronte á Covid-19, compatibilizando a asistencia presencial e virtual dos participantes.

 

Homenaxes e medallas

Coa intención de “render homenaxe a toda unha xeración que traballou para que a escena galega existise”, o vindeiro día 10 serán nomeados membros de honra da Academia Galega do Teatro Manuel Lourenzo, Luís Álvarez Pousa e María Xosé Queizán. Ademais, entregarase a Medalla da Academia, a título póstumo, a tres fundadores do teatro galego desaparecidos nos últimos tempos: Ernesto Chao, Gustavo Pernas e Celso Parada

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

O dia em que a Morte sambou, de Habib&Valeria

Galicreques celebra o seu 25º aniversario do 10 ao 18 de outubro

Carlos Alonso

FIOT en pausa outorga a Carlos Alonso o galardón Xograr de Outono 2020