in

O Teatro do Noroeste-CDV acolle un seminario sobre tendencias do teatro contemporáneo

IMG 7242 |
O Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana recibe á investigadora Alexandra Moreira da Silva no seminario Tendencias do Teatro Contemporáneo o sábado 31 de outubro no Teatro Municipal Sá de Miranda de Viana do Castelo. |Foto: Teatro do Noroeste – CDV |

A actividade comezará ás 15.00 horas (portuguesas) no Café Concerto do Teatro vianense nunha tarde dedicada ao teatro co obxecto de estimular a curiosidade e o coñecemento teatral para públicos diversos.
Doutorada en Teatro polo Universidade Sorbone Nouvelle – Paris III, Alexandra Moreira da Silva é investigadora e profesora do Instituto de Estudos de Teatro da universidade parisina, dedicándose tamén á tradución de textos de teatro, sendo dramaturxista regularmente convidada e asesora artística do Teatro do Noroeste-CDV.
O seminario Tendencias do Teatro Contemporáneo está aberto a todos os públicos, con aforo limitado, suxeito a inscrición previa debido ás recomendacións e restricións por parte das autoridades sanitarias.
Máis informacións nos teléfonos: 258 823 259 / 967 552 988 ou no correo electrónico [email protected]

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tamara Andrés

Tamara Andrés, tradutora de ‘Os Satélite’: “Abordei a tradución coa orella posta na mocidade, coa ollada sobre a lingua no futuro”

Conquista madhubai Teatro do Atlántico

Vigocultura modifica os horarios das dúas próximas fins de semana