O Concello de Vigo informa do cambio do horario dos espectáculos do programa Vigocultura previstos entre o 30 de outubro e o 7 de novembro co obxecto de respectar a restrición da mobilidade de persoas en horario nocturno. Desde Vigocultura informan que se adiantan media hora as funcións dos venres e os sábados, de xeito que o espectáculos comezarán ás 20.30 horas en lugar de ás 21.00 horas.
Así, o venres 30 e o sábado 31 o espectáculo A conquista da escola de Madhubai de Teatro do Atlántico comezará ás 20.30 horas.
O premio, de La Quintana Teatro programado para o venres 6 de novembro comezará ás 20.30 horas.
Armazenados, da compañía portuguesa Teatro Art’Imagem programado para o sábado 7 de novembro dará comezo ás 20.30 horas.
De igual modo, Vigocultura lembra ás persoas que non poidan asistir neste novo horario que poden devolver as entradas polo mesmo medio que se adquiriron. Por outra banda, os espectáculos dos domingos destinados ao público familiar manteñen o horario previsto para as 18.00 horas.