in

Os monicreques de Kukas, Premio da Crítica de Galicia

Monicreques de Kukas
O xurado formado por Rut Balbís, Fernando Dacosta, Carlos Labraña, Patricia Meira, Manuel F. Vieites, Manuel Xestoso e Eulalia Agrelo, acordou entregar por unanimidade o premio a Os monicreques de Kukas na modalidade de Artes Escénicas. Chévere (Curva España) e Teatro Ensalle, as propostas finalistas.

 

O Premio da Crítica de Galicia da modalidade de Artes Escénicas xa ten gañador na súa XLIII edición. O xurado, en deliberacións virtuais, outorgoullo a Os monicreques de Kukas pola súa obra Arquelina e pola traxectoria dunha compañía “pioneira en Galicia nun xénero teatral ao que tamén se pretende recoñecer con este premio”. Así mesmo, destácase na resolución do ditamen a “faceta artística, xeradora dun universo propio, e artesán, que implica a construción das marionetas e o seu mundo”.

Arlequina, escrita por Marcelino de Santiago e dirixida por Isabel Rey e o mesmo Kukas, hibrida diferentes manifestacións creativas e artistas, convidando públicos de todas as idades no patio de butacas, tal e como a compañía leva facendo ao longo dos máis de 40 anos de actividade escénica en Galicia.

 

Premios da Crítica de Galicia


Publicidade

Os Premios da Crítica Galicia convócanse desde 1978, ano en que foron creados polo Círculo Orensán Vigués. En 1992 fíxose cargo deles a Fundación Premios da Crítica Galicia. Concédense en varias modalidades: creación literaria, ensaio e pensamento, investigación, música, artes escénicas…

O xurado na modalidade de artes escénicas desta XLIII edición , estivo formado por Rut Balbís, coreógrafa, gañadora da edición anterior; Fernando Dacosta, actor e director, profesor UDV; Carlos Labraña, dramaturgo; Patricia Meira, dramaturga; Manuel F. Vieites, crítico, director da ESADG; Manuel Xestoso, crítico teatral de Nós Diario e Eulalia Agrelo, secretaría, en representación da Fundación Premios da Crítica de Galicia.

 

Información completa na web da Fundación Premios da Crítica Galicia

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Certame Manuel María 2020

Incendiaria e A Quinta do Cuadrante acadan o II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais

Armazenados | Jimmy Núñez

Armazenados